A federación xaponesa de voleibol realizou unha fichaxe moi diferente do habitual para o staff técnico que se encarga de adestrar aos mellores xogadores do país. É un robot pero ten todo o sentido do mundo.
¿Para qué querería un robot un adestrador de voleibol? pois nin máis nin menos que para poder simular cómo defenden os rivais. O sistema robótico compónse de tres pares de brazos robóticos que representan aos tres defensores na rede dun equipo rival.
Unha vez que o adestrador activa o sistema, os defensores robóticos posiciónanse no lugar programado e o atacante trata de superalos. As posicións, altura e movementos do robot defensor prográmanse previamente dependendo do ataque que se queira adestrar, que pode depender do próximo rival, ao que se estudiou previamente e do que se poden copiar os seus movementos defensivos máis habituais.
Sobrepasar ao robot non é nada sinxelo, empezando pola súa velocidade de movemento: 3,7 metros por segundo, moito máis rápido que un humano. Ademáis, por agora o sistema ten bastante marxe de mellora porque a súa posición previa é fixa e non se adapta á posible variación do atacante. As xogadoras da selección xaponesa que o probaron durante 8 días nunha concentración admiten que debe mellorar nese aspecto.
Pero na próxima versión, a universidade responsable do proxecto está engadindo sensores que detectarán tamén ao xogador atacante para poder defender mellor.
No hay comentarios:
Publicar un comentario