sábado, 1 de abril de 2017

A "ROBOLUCIÓN" É IMPARABLE


  A revolución tecnolóxica que ocupa os nosos días caracterízase pola alta concentración de avances e innovación en pouco espacio de tempo. A irrupción dos robots ou o que se coñece como "robolución" apunta a que as máquinas invaden, e seguiran facendoo, todas as esferas da vida cotidiá, as relacións laborais e das empresas. Son varios os estudos e os expertos que vaticinan que dentro dun mundo repleto de incertidumes o único certo é que se vai cara un mundo robotizado. É máis, o 70% do emprego vai a aser automatizado antes de que acabe o século. É un momento de grandes oportunidades pero tamén de demasiada inseguridade.

Resultado de imagen de la revolucion tecnologica

  Os robots están chegando as pymes, a sectores como a alimentación, o calzado, a empresas de móveis ou actividades lúdicas, " a tarefas que antes se facían de forma manual e que coa axuda das máquinas poden incrementar a súa productividade. Son vías máis viables e competitivas" afirma Francisco Blanes, director do Instituto de Automática e Informática Industrial da Universidade Politécnica de Valencia. Outra das vantaxes que destaca é a versatilidade das máquinas. "Anteriormente, á industria do automóvil non lle importaba ter a un robot nunha función durante 24 horas, pero agora o que se busca é que a máquina sexa aplicable a máis cousas, que sexan máis flexibles e poidan adaptarse a diferentes entornos laborais", explica.
  De feito, o número de robots estase multiplicando. As súas ventas aumentan a un ritmo do 20% ao ano. En 2015, según datos do informe mundial sobre robótica que elabora IFR (International Federation of Robotics), vendéronse en todo o mundo 240.000 unidades de robots industriais, o que supón un crecemento global anual dun 8%, sendo a industria da automoción a que maior demanda ten. Por rexións, según a citada fonte, China é o país que máis robots consume, xa que as vendas se incrementan a un ritmo do 16%. En Europa, o incremento foi do 9%, cunhas 50.000 unidades, sendo os países de Europa do Leste, cun crecemento do 29%, os máis robotizados. En Estados Unidos, Canadá e México despacháronse 34.000 unidades, un 11% máis con respecto a 2014.

   Resultado de imagen de la revolucion tecnologica

  Pola súa parte, Xapón é a cuna dos robots, en canto a fabricación e exportación, aínda que o número de máquinas implantadas neste país está disminuíndo, entre outras razóns pola falta de man de obra, "que tamén é necesaria " para facelas funcionar. Neste sentido, o Ministerio de Economía, Comercio e Industria xaponés lanzou o ano pasado o proxecto "Robots for Everyone", co fin de impulsar e promover novas ideas para a utilización deste tipo de máquinas no sector de servicios, incluíndo tendas, salóns de beleza, hoteis ou restaurantes.
  Según datos da Asociación Xaponesa de Robots (JARA), para 2018 preveese a implantación de máis de 2.300.000 unidades, das cales máis da metade se repartirán entre Australia e Asia, principalmente en China. O abaratamento dos robots pode impulsar este crecemento. O mercado global, según diversos estudos, pode chegar a representar 152.000 millóns de dólares para 2020. O sector vaticina que a industria podería aforrar ata un 90% de costes salariais mediante a sustitución de traballadores por robots. Este é un debate aberto, que levanta unha gran preocupación ante a ameaza de destrucción de postos de traballo.

                      Resultado de imagen de la robolucion ya es imparable




No hay comentarios:

Publicar un comentario