domingo, 9 de abril de 2017

ASIMO, O ROBOT QUE SAÚDA AOS REIS



                      Resultado de imagen de aSIMO, EL ROBOT DE HONDA QUE SALUDA A LOS REYES

  Seguro que o autor das célebres leis da robótica, Isaac Asimov, non contaba con que un autómata fixera labores de representación institucional. Algo que quedou demostrado na visita dos Reis de España a Xapón, donde foron recibidos polo popular androide Asimo (siglas de paso avanzado en movilidad innovadora, en castelán), Este robot, no que Honda traballa desde hai máis de tres décadas, reflexa o nivel de perfección ao que chegaron estes dispositivos.
  Esta intelixencia artificial ten a súa orixe en 1986, cando os enxeñeiros de Honda concebiron os primeiros robots. Eran simplemente unhas pernas que podían simular a un ser humano camiñando. A seguinte fase estivo centrada en "ensinar" a estes bípedos a escalar e andar rápido.
  A meta primeira era, por un lado, fabricar un asistente para persoas dependentes ou con movilidade reducida. Por outro, estes robots sustituirían ao ser humano en labores perigosas como a loita contra os lumes ou a limpeza de residuos tóxicos. Co paso dos anos, a estes inventos agregouselles unha cabeza e un corpo máis definido, con brazos e mans, para que puideran agarrar obxetos.
  Con estas modificacións nace propiamente o primeiro robot humanoide de Honda, o P1. Un auténtico armatoste de 175 kilos e 1,9 metros de altura, frente aos 50 kilos e os 1,3 metros que ten o actual Asimo. No P2, Honda esforzouse por darlle un aspecto máis amigable, xa que aquela caixa forte con patas transmitía de todo menos amabilidade. Co P3, o fabricante xaponés adelgazou e fixo máis pequeno o seu prototipo ata os 1,5 metros e 130 kilos.

                      Resultado de imagen de aSIMO, EL ROBOT DE HONDA QUE SALUDA A LOS REYES

  Asimo fixo o seu debut en Europa en xuño de 2003, na Universidade Técnica de Darmstadt. En España foi presentado en marzo de 2004 en Barcelona. Asimo xa intercambiara un saúdo co Rei Don Xoan Carlos ou con outras autoridades como o excanciller alemán Gerard Schroeder, o ex presidente dos EEUU Barack Obama, e en varias ocasións visitou o Parlamento Europeo.
  Superada a fase dos axustes de tamaño, Honda comezou a ampliar as funcións dos seus robots. O Asimo actual pode correr ata 9 km/h, camiñar en pendentes irregulares, xirar ou subir escaleiras. Comprende e responde a comandos de voz sinxelos, que dirixe a grupos aos que recoñece faciamente.
  É mesmo capaz de camiñar esquivando obstáculos ou interpreta cando está molestando ao seu interlocutor. As últimas actualizacións fixéronlle gañar destreza nas mans e abre botellas, serve bebidas e ata se expresa coa linguaxe de signos. O mes pasado, Asimo entrou a formar parte de Autopia, a atracción que Honda ten en Disneyland California, xunto cun paxaro robot, Bird.




No hay comentarios:

Publicar un comentario