domingo, 9 de abril de 2017

ROBOTS VIXIANTES QUE PATRULLAN DE FORMA AUTÓNOMA


   Ademco Security Group é unha compañía de seguridade de Singapur que anunciou un novo servicio polo que alquila robots capaces de patrullar de forma autónoma as instalacións dada a alta demanda de vixiantes que ten.
  O robot S5 foi fabricado pola compañía estadounidense SMP Robotics, e destaca pola cor laranxa da súa base e o seu longo pescozo. Os seus sistemas permítenlle seleccionar a ruta máis óptima no seu percorrido, así como salvar obstáculos e coller atallos.
  Trátase dun robot eléctrico, que pode patrullar ata oito horas seguidas, que conta con cámaras e conectividade inalámbrica para poder manter a comunicación mesmo en zonas onde o acceso á Red é inestable.

Resultado de imagen de UNA EMPRESA DE SEGURIDAD DE SINGAPUR EMPIEZA A EMPLEAR ROBOTS VIGILANTES QUE PATRULLAN DE FORMA AUTÓNOMA

  O servicio de alquiler destes robots ten un coste de 7500 dólares ao mes, un precio que Toby Koh, un dos directivos da compañía defende e compara co de contratar a unha persoa nun turno de 12 horas por 4000 dólares ao mes ou mesmo pagar 8000 dólares por dous vixiantes que cubran as 24 horas, como recolleu o medio Today.
  Koh engadiu que as compañías ven con bos ollos os robots vixiantes porque hai unha alta demanda de sustitutos e porque desta forma poden liberar aos seus vixiantes humanos das tarefas de patrullar.


No hay comentarios:

Publicar un comentario