miércoles, 12 de abril de 2017

ROBOTS FAN MÁIS RENTABLE A RECUPERACIÓN DE RESIDUOS


   Xeneramos moita basura. Recollela, por tanto, é unha tarefa imperativa que cada vez se está trasladando máis a robots. Lonxe dos exemplos de ciencia ficción, as máquinas encargadas de xestionar os desfeitos humáns son cada vez máis comúns e as investigacións actuais esfórzanse en conseguir que recollan máis e mellor tódolos residuos valorizables. É dicir, aqueles que poidan reciclarse para volver a ser materia prima para outros productos. Canto menor sexa o coste do proceso e maior o volume de residuos recollidos, maiores serán os beneficios.
  Esa é a razón pola que a empresa catalana Sadako Technologies decidiu crear Wall-B, un brazo robótico controlado por un sistema de visión de máquinas e intelixencia artificial (IA) para a recollida selectiva de residuos PET en prantas de tratamento. A empresa foi seleccionada como a mellor start-up durante a última feira de robótica Global Robot Expo celebrada en Madrid (España) o pasado xaneiro. Wall-B, este nome é unha homenaxe ao tenro robot basureiro da película "Wall-B", tamén foi premiado como idea innovadora nos premios R de Ecoembes.

    Resultado de imagen de robots inteligentes hacen mas rentable la recuperación de residuos

  A versión actual está composta por un brazo robótico e un sistema de visión de máquinas entrenado con algoritmos de aprendizaxe profundo. O sistema instálase sobre unha cinta transportadora de residuos cun arco equipado cunha cámara 2D combinada con outra tipo Kinect que posiciona o obxeto en 3D. A partir de aí, un ordeador procesa as imaxes e mira os residuos que pasan pola cinta.     Entón, o sistema de visión de máquinas é capaz de distinguir os envases PET. Unha vez detectados, o brazo robótico móvese e succiónaos para separalos do resto.
  A priori, é a mesma función que realizan os sistemas actuais de selección de espectroscopia do infrabermello cercano (NIR polas súas siglas en inglés), tamén coñecidos coma ópticos.
   A vantaxe competitiva de Wall-B depende do volume de residuos a analisar. Os sitemas NIR son moi caros e ocuparn un gran espacio, polo que ten sentido onde hai moita cantidade de residuos valiosos a recuperar. Wall-B, en cambio, sería máis idóneo para volumes máis reducidos, de modo que a inversión poida amortizarse rápidamente.
  Wall-B está pensado para recuperar 200 toneladas de PET ao ano. Desde a compañía explican que o seu robot pode ser unha solución para prantas medianas que procesen volumes de ata 400 toneladas anuais.
  O obxetivo da empresa é que a inversión para instalar Wall-B se poida recuperar nun ano. Por eso asegura que o coste depende do rendemento final do robot, aínda que se movería entre 60.000 e 100.000 euros.
  Wall-B non é o primeiro robot que recolle residuos nin tampouco o máis eficiente. O seu éxito é debido ao seu deseño, pensado para "adaptarse á realidade". O complicado é que unha botella PET non está sempre na mesma posición e suele estar chafada e misturada con outros obxetos. E aí precisamente é onde está a vantaxe de Wall-B, na súa capacidade para resolver esta complexidade gracias á intelixencia artificial. O seu obxetivo final é que o robot sexa capaz de percibir e decidir.


No hay comentarios:

Publicar un comentario