miércoles, 26 de abril de 2017

A EXPANSIÓN DA INTELIXENCIA ARTIFICIAL


  A expansión da intelixencia artificial é xa imparable, aínda que a velocidade do seu avance é distinta según o lugar do mundo que valoremos. O ritmo de automatización de tarefas será variable dependendo do nivel de desenrolo de cada rexión pero xa hai estadísticas que mostran qué países van á cabeza nesta carreira.
Resultado de imagen de a future that works automation employment and productivity  O estudo "A future that works: automation, employment and productivity", elaborado polo instituto McKinsey, examina o potencial de incorporación de intelixencia artificial no traballo de 46 países, que representan arredor do 80% da forza de emprego mundial.
  Entre os datos destaca Xapón, que chegará a ter o 55,7% das súas tarefas asumidas por robots ou programas informáticos. España, onde se calcula que a automatización pon en risco un 12% dos empregos, quédase varios puntos por debaixo do xigante asiático nun 48,5%. Os responsables do estudo prestan atención a actividades individuais en lugar de a ocupacións porque entenden que cada traballo está composto por distintas tarefas con niveis diferentes de automatización. E aseguran que arredor da metade das labores que realizan hoxe en día os traballadores acabaranse automatizando.
  Aínda que a literatura di que esta nova revolución influirá especialmente aos países desenrolados e en vías de desenrolo, moitos dos segundos non se ven reflexados neste informe - según os autores, os datos actuais non permiten facer unha previsión fiable- . Pero, ¿de qué dependen as diferencias entre os países? Básicamente de dous factores: o tipo de empregos maioritarios no seu territorio e o seu nivel de crecemento.
  Por exemplo, os países con máis progreso poderán adoptar máis rápido algunhas solucións hardware que requiren moita inversión inicial e eso faralles liderar a transformación. E aqueles coma Xapón, con moitos empregos adicados á producción e a administración -que poderá realizar un robot fácilmente-, convivirán antes con androides que outros países como Estados Unidos, con máis profesións menos automatizables, como arquitectos ou enxeñeiros.
  O estudo, publicado en xaneiro deste ano, estima que co desenrolo da intelixencia artificial incrementarase a productividade e o PIB, pero tamén detalla que para eso é necesario que a automatización se acompañe de "medidas adicionais como a reelaboración de procesos ou o desenrolo de novos productos, servicios e modelos de negocio".

Resultado de imagen de QUE PAISES CONQUISTARON ANTES LOS ROBOTS




No hay comentarios:

Publicar un comentario