martes, 4 de abril de 2017
ROBOTS DE GOMINOLA QUE SE PODEN INXERIR
Recentemente, investigadores da École Polytechnique Fédérale, en Suiza, deron a coñecer o seu traballo no desenrolo de robots moi simples, de reducidas dimensións (entre 3 e 5 cm de lonxitude) fabricados con xelatina e que se poden inxerir. Estos robots están pensados para a súa aplicación médica, principalmente, para realizar exploracións intestinais, pequenas intervencións, levar alimentos ou liberar medicamentos en zonas moi concretas do tracto intestinal. Sen embargo o seu potencial abarca moitas máis posibilidades.
A pesar de que se consideran robots ou mecanismos artificiais, os robots de xelatina non teñen articulacións sólidas nin dependen da electrónica para desplazarse. En cambio, están cheos de aire ou de líquido e empregan reaccións químicas (internas ou externas, con fluídos do corpo humano) para moverse individualmente ou unirse unha vez inxeridos para formar mecanismos máis complexos, como unhas pinzas.
Para facer funcionar robots no interior do corpo humano existen baterías e electrónica que se pode inxerir e desechar sen risco. Tamén se pode producir electricidade a partir da temperatura natural do corpo humano e dos ácidos do estómago, usando os xugos gástricos como electrolito. Este tipo de robots inxeribles están aínda nas súas primeiras fases de desenrolo, pero no futuro levarán a cabo tarefas médicas máis complexas e pequenas operacións directamente desde o interior do corpo humano.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario