domingo, 9 de abril de 2017

OS TENTÁCULOS DO POLBO INSPIRAN O ROBOT MÁIS HÁBIL



                       Resultado de imagen de octopusgripper

  Este tentáculo robótico pode suxetar moi hábilmente obxetos lisos e pasarllos a unha obsoleta man humana.
  O OctopusGripper foi desenrolado pola empresa de robótica alemana Festo, que ten moita experiencia na creación de autómatas inspirados na natureza. A súa suave pinza ten dous mecanismos principais. O seu tentáculo de silicona accionase neumáticamente: cando se bombea aire no seu interior, péchase para rodear o obxeto que quere suxetar. Entón, as súas dúas filas de ventosas, que se deforman para adaptarse a calquera forma, utilizan o vacío para garantir que o obxeto non se caiga.
  Como pode comprobar, funciona bastante ben e pode usarse para agarrar obxetos lisos e curvados como pelotas, cilindros de metal, botellas e ata revistas enrolladas. Aínda que pareza doado, esta é unha tarefa increíblemente difícil para a maioría dos robots, e os avances como este permitiranlles asumir novos roles en fábricas e fogares máis doadamente.


  Desde logo non é o primeiro robot deste tipo. A empresa británica OC Robotics construiu un brazo serpenteante con láser incorporado para trinchar maquinaria nuclear, mentras o xigante petroleiro Statoil axudou a desenrolar unha serpe robótica deseñada para a inspección submariña. E, no extremo máis delicado do espectro, uns investigadores do Instituto de Tecnoloxía de Tokio (Xapón) desenrolaron un brazo inflable de 20 metros de longo feito de globos cheos de helio.
  Pero este é un dos brazos robóticos máis diestros que existe. Aínda que a pesar das súas extraordinarias capacidades para agarrar obxetos, non debería preocuparse demasiado polas súas habilidades. Festo explica que, posto que "os materiais instalados na estructura tamén son elásticos e deformables, a pinza non presenta ningunha ameaza para o usuario en contacto directo".


No hay comentarios:

Publicar un comentario