
Os robots que axudan nas tarefas do fogar en diversas películas de ciencia ficción poderían convertirse nunha realidade dentro de moi pouco. Este é o obxetivo de Roboteam, unha empresa militar afincada en Tel Aviv, Israel, que anunciou o desenrolo de dez mil robots deseñados para uso doméstico e para axudar a persoas da terceira idade.
Así o anunciou Yossi Wolf, cofundador e CEO da empresa robótica, en declaracións a "TechCrunch". Os robots contarán cunha mistura de diferentes sistemas tecnolóxicos para que entendan e fagan as súas tarefas con facilidade. "É cono misturar Alexa e Google Home con Face Time e Whatsapp. Pode moverse, pode falar, pode escoitar e pode entenderte".
O CEO de Roboteam asegura que os autómatas poderán ser transportados con certa facilidade, gracias a súa altura de 0,90 metros e peso de 9,9 kilos. Tamén disporán dunha pantalla interactiva de dez pulgadas e 40 sensores que permitirán unha gran facilidade de movemento autónomo. Estará equipado tamén cunha bandexa.
Según revelou Wolf, esta idea xurdiu fai sete anos cando visitou a súa avoa e observou que lle costaba moito levar unha cunca de té con galletas. "Souben que poderíamos crear máquinas que axudasen aos anciáns", destaca o cofundador da empresa.

Unha gran aposta para Roboteam, pois a empresa destaca por se unha potente distribuidora de robots e drons militares de salvamento e recoñecemento para diversos exércitos. E pese ao novo camiño que encarou a empresa para o público xeral, todo indica que Roboteam non deixará de construir máquinas e drons de combate.
No hay comentarios:
Publicar un comentario