martes, 4 de abril de 2017

A ERA DOS ROBOTS FLEXIBLES


  Na ficción os robots teñen aspectos moi diversos e variados, pero suelen ter unha característica común: están fabricados con aceiro ou con algunha outra aleación de metal, existente ou ficticia. No mundo real a maioría dos robots tamén suelen estar construídos con algún tipo de metal, pero os novos materiais e métodos de fabricación están impulsando desde fai un tempo o desenrolo doutro tipo de robots nos que o uso do metal é mínimo e mesmo inexistente.
  Os robots construídos con elastómeros, con materiais flexibles e elásticos, son capaces de reptar, ondular e deslizarse entre distintos entornos nalgúns casos prescindindo por completo de partes ríxidas. O seu deseño está inspirado en moitos casos na estructura e motricidade de animales como os polbos, as luras ou os vermes, por exemplo. Poden mesmo imitar o voo dun morcego empleando como ás membranas artificiais flexibles.
  Os robots elásticos herdan algunhas debilidades dos animais nos que se inspiran, como tamén comparten con eles algunhas virtudes: por exemplo, poden dañarse ao contacto con obxetos cortantes ou puntiagudos, pero á vez resisten mellos os golpes e as caídas, non causan danos ao contacto con persoas ou obxetos delicados e poden moverse por espacios reducidos ou sortear obstáculos complexos. O desenrolo de materiais flexibles no entorno da robótica tamén se aplica á fabricación de músculos artificiais para robots convencionais, combinando axilidade e resistencia.

     Robots de auga e de aire:


  O hidroxel é un polímero de aspecto gomoso que está formado casi na súa totalidade por auga, de modo que é case transparente e moi flexible. E ademais serve para fabricar robots articulados, tal e como demostraron investigadores do MIT inspirados por animais mariños como os octópodos e as medusas.
  A pesar de que o robot está formado por auga en boa parte, os robots construídos con hidroxel teñen partes móviles e poden exercer certa forza con gran velocidade e axilidade. Por exemplo, o prototipo do MIT é capaz de capturar un peixe na auga sen mancalo gracias á textura suave e blanda das articulacións artificiais.
  Para construir o robot con hidroxel emprégase o método de impresión 3D que permite construir estructuras complexas con canalizacións vacías no seu interior. Por esas canles inxéctase depois auga a presión, proporcionando á estructura do hidroxel movementos que son controlados por un ordenador.
  Máis alá de servir para coller peixes o hidroxel é un material biocompatible, polo que este tipo de robots terán aplicacións médicas, servindo como "mans artificiais, suaves e húmedas, aptas para manipular tecidos e masaxear órganos humanos durante intervencións cirúrxicas" explican os investigadores.


No hay comentarios:

Publicar un comentario