sábado, 1 de abril de 2017

OS XEFES-ROBOT



  Según as tres leis da robótica establecidas por Isaac Asimov, nada impide a un robot ser o noso xefe. Estamos ante unha auténtica revolución na maquinaria e a robótica industrial e "hai empresas que xa empezaron a experimentar con explorar con novos xefes", asegura Pablo Foncillas, asesor empresarial e divulgador en innovación empresarial desde o claustro dunha recoñecida institución académica.
  As empresas pioneiras que empezan a ir un paso máis alá coa intelixencia artificial xa están probano os "xefes-robots", que dan ordes a seres humanos en ámbitos tan diferentes como responsables de producción ou directivos de publicidade.
  "Non entremos en pánico. Non aínda polo menos. As máquinas levan moitos anos ente nos" comenta Foncillas, e é así, xa que entre os séculos XVIII e XIX as máquinas axudáronnos esencialmente co traballo industrial sucio e perigoso, por exemplo, nos telares, facilitando as tarefas manuais pesadas. Pero nun futuro non moi lonxano traballadores de todo o mundo terán algún día xefes ou líderes que non serán humanos.



No hay comentarios:

Publicar un comentario