domingo, 16 de abril de 2017

ROBOTS PROCESANDO PEDIDOS


   Móvense coma formigas, organizados á perfección, respetando de maneira escrupulosa as preferencias de paso e facendo o seu traballo sen rosmar. Este exército en miniatura de robots é capaz de xestionar 200.000 pedidos nun día nunha compañía china de loxística. E non é só cuestión de volume: son moito máis eficientes ca os traballadores humáns xa que teñen a capacidade de escanear código de barras de cada paquete e coñecer o destino ao momento.
  O almacén, da compañía de mensaxería Shentong Express (STO), conta con estes robots para sustituir o traballo realizado de maneira tradicional por persoas. O vídeo que se ve abaixo mostra o seu funcionamento e estase volvendo viral en internet. Aínda que STO non facilitou o número de robots que traballan no almacén, un portavoz ofreceu algunha cifras ao diario South China Morning Post sobre a reducción de costes que implicou a posta en funcionamento desta frota. A eficiencia millorou nun 30%, os costes reducíronse nun 50% e mellorouse o proceso de distribución para evitar erros cos envíos.
  Polo momento, as máquinas só traballan entre seis e sete horas ao día, a partir das seis da tarde, aínda que poderían estar en funcionamento de maneira continua xa que teñen capacidade para moverse de maneira autónoma a unha base de recarga para encher as súas baterías.


  O número de robots nas fábricas chinas aumentou un 30% en 2016 según cifras ofrecidas polo diario e o último plan quincenal do goberno chino prevé que a producción anual deste tipo de máquinas acade as 100.000 unidades ao ano de cara a 2010.
  A automatización foi a responsable de que 60.000 traballadores de Foxconn, compañia coñecida por ser un dos habituais proveedores de Apple, se quedaran sen emprego nunha práctica cada vez máis habitual nas factorías do país oriental. Como se pode ver no video sobre estas liñas, só un traballador se encarga de depositar os paquetes sobre os robots deixando o resto do traballo en mans deses pequenos robots.


No hay comentarios:

Publicar un comentario