lunes, 30 de enero de 2017

OS ROBOTS REVOLUCIONARÁN A ARTE DA GUERRA


   Os próximos avances tecnolóxicos transformarán a arte da guerra e permitirán dar un papel preponderante aos robots, como aos drones, e equilibrar as diferencias entre estados ou entre estos e os grupos terroristas, aseguran expertos e responsables. Nunha mesa redonda celebrada no Foro Económico Mundial de Davos e adicada ao "futuro da guerra", varios expertos consideraron que estes progresos son ineludibles e que poderían comportar perigos que deberían terse en conta o antes posible.

                 Resultado de imagen de robots para la guerra

  "É certo que veremos cada vez máis misións militares confiadas a robots", defendeu a estadounidense Mary Cummings quen, antes de ser profesora especializada en interacción entre humanos e robots na Universidade de Duke ( Estados Unidos), foi unha das primeiras mulleres piloto de combate da Mariña dos Estados Unidos. "Israel xa anunciou a súa intención de reemplazar a todos os seus pilotos por robots e en Estados Unidos, algúns xenerais aseguraron que o último piloto de caza da historia da forza aérea de Estados Unidos xa naceu", defendeu.
 "A realidade é que as misións de caza e de bombardeo xa se efectúan moito mellor con aeronaves sen piloto ca con humanos", agregou. "É máis seguro para a forza aérea estadounidense enviar un dron para unha misión de bombardeo. É definitivo. Vamos a ver cada vez máis misións no aire encomendadas a robots". Para a ministra holandesa de Defensa, J. Plasschaert, "este tipo de arma é xa unha evolución definitiva, xa non hai marcha atrás". "Por exemplo, vamos a estar confrontados a sistemas de intelixencia artificial capaces de modificar durante unha misión as súas propias regras de combate. Por eso son tan importantes a dimensión ética e o control humano deste tipo de armas", explicou.

                                 Resultado de imagen de aviones pilotados por robots
           Resultado de imagen de aviones pilotados por robots

  A difusión rápida e a gran escala das tecnoloxías civís que poden adaptarse fácilmente a un uso militar reducirá as diferencias entre nacións ou, incluso, entre os exércitos mellor equipados e os grupos terroristas, subraiaron os participantes da conferencia. Así, un cazabombardeiro estadounidense F-38 ,a próxima xeración de naves da forza aérea de Estados Unidos, poderá ser neutralizado por un enxame de pequenos drones fabricados, por un coste irrisorio, en impresoras 3D e enviados aos seus reactores, que non sobrevivirán. "O grupo Estado Islámico", agregou Cummings, "pode imprimir en 3D miles de drones, equipalos con armas convencionais ou biolóxicas e provocar danos moito máis importantes que un bombardeo quirúrxico dun aparato de última xeración. "A barreira de entrada tecnolóxica baixou tanto que calquera pode ter este tipo de drones (...).Creo que Google e Facebook xa dispoñen de tecnoloxías de drones superiores ás das axencias de intelixencia de tódolos países", sinalou.


MANS DE ROBOTS MÁIS HUMANAS


   Un fogar habitado por persoas, sobre todo si entre elas figuran nenos ou suxeitos moi desordeados, é para un robot convencional un entorno caótico, completamente distinto ao ambente ordeado e cuadriculado dunha cadea de montaxe nunha fábrica.
  Novos algoritmos poderían axudar aos futuros robots domésticos multiusos a traballar nas condicións cambiantes e impredicibles dunha vivenda ocupada por humáns.
  Boa parte da actividade dos robots industriais actuais, incluíndo ao típico brazo robótico universal, consiste en agarrar un obxeto dun sitio e colocalo noutro punto. Polo xeral, os obxetos, tales como compoñentes de automóveis nunha cadea de montaxe, están colocados de modo que o brazo os poida coller con facilidade; o deseño do apéndice que fai o agarre incluso pode responder á forma dos obxetos.

                       Resultado de imagen de MANOS DE ROBOTS
 
  Sen embargo, os robots domésticos multiuso terían que ser capaces de manipular obxetos de moi variadas formas, deixados en calquer lugar, incluso tirados de calquera maneira nos sitios máis inapropiados. E na actualidade, a destreza dos robots dispoñibles comercialmente está lonxe da destreza da man humana. Sen embargo, non é imprescindible dotar aos robots de mans sofisticadas e carísimas, se se lles ensina a usar as súas mans rudimentarias de maneira inxeniosa. As estratexias usadas para manipular obxetos por unha persoa que, por exemplo, leva as mans enfundadas en guantes grosos ou as ten parcialmente ocupadas sosteñendo obxetos, pódenlles ser moi útiles a eses robots modestos.
  Tomando como punto de partida esta idea, Jennifer Barry e Annie Holladay, dúas imaxinativas robotistas do Instituto Tecnolóxico de Massachussets (MIT), en Cambridge, Estados Unidos, desenrolaron novos algoritmos para que robots multiuso domésticos superen mediante estratexias humanas as limitacións das súas mans artificiais.
  O algoritmo presentado por J. Barry permite a un robot empuxar un obxeto pola superficie dunha mesa, de modo que parte del quede por fora do borde, onde se lle pode agarrar máis fácilmente. É unha táctica parecida á que os humanos usamos para recoller con rapidez moedas pequenas depositadas nunha mesa.
  O algoritmo presentado por A. Holladay permite a un robot de dous brazos utilizar unha das súas pinzas para impedir que dea a volta o obxeto que está colocado no seu sitio coa outra pinza. Esta forma de proceder tamén é moi típica da conducta humana.




domingo, 22 de enero de 2017

KIROBO MINI, O TEU NOVO AMIGO


  Desde Doraemon ata Mazinger Z, pasando por R2D2, ou Wall-e, todos algunha vez quixemos ter un robot ao noso lado. Toyota acerca este desexo co seu novo producto, o Kirobo Mini, unha pequena criatura que foi deseñada como un asistente de comunicación que pode facer de copiloto ou asistente no fogar. Este autómata está basado no robot astronauta xaponés Kirobo, tamén da firma nipona.
  Polo seu aspecto ben puidera ser o protagonista dalgún debuxo animado, pero fará compañía física aos xaponeses a partir de 2017.

                    Imagen relacionada

  Foi presentado no pasado Tokio Motor Show e o seu precio ronda os 349 euros. Ao precio da compra hai que engadirlle unha cuota de 2,6 euros ao mes para xestionalo e actualizalo a través dunha aplicación. Segue a estela doutros robots domésticos pero máis caros como son o Pepper de Softbank (1700 euros) ou o RoboHon (1610) de Sharp.
  O Kirobo Mini mide apenas 10 centímetros e pesa 183 gramos. Pode gardarse nunha bolsa. O tamaño escollido non é unha casualidade, xa que unha das intencións do fabricante é que poida ser transportado no posavasos do coche. Este autómata pode ser útil na conducción, como copiloto, emitindo un son se nota cansancio no conductor ou algunha actitude agresiva ao volante. Tamén informa do número de kilómetros percorridos ou do combustible consumido.

                        Resultado de imagen de kirobo mini

   Desde Toyota afirman que ten a intelixencia dun neno de cinco anos. Tampouco é gratuita esta comparación, xa que pretende recuperar o instinto maternal e paternal dos xaponeses. Según un recente estudo coas actuais tasas de fertilidade e de envellecemento da poboación de Xapón, o país reduciríase a unha sóa persoa en 1750 anos. A autoextinción...
  Según Toyota, o Kirobo Mini ten a capacidade de aprender frases e pode recoñecer a través duns sensores expresións faciais para determinar o estado de ánimo do seu dono. Incluso se pode integrar nunha casa domótica para advertir se as portas están pechadas.
  Con esta creación, a compañía pretende dar un paso adiante na intelixencia artificial para atraer a novos expertos en robótica. Toyota busca combatir as incursións de xigantes tecnolóxicos como Google ou Apple na industria do automóvil. O fabricante xaponés invertiu máis de 1000 millóns de dólares nos últimos cinco anos nestas tecnoloxías.
  Enmarcado na estratexia tamén estaba o Kirobo maior, de 34 centímetros e un kilo, que desplegou do Centro Espacial de Tanegashima (sur de Xapón) rumbo ao espacio en 2013. Acompañado polo astronauta nipón Koichi Wakata, Kirobo parafraseou en órbita a Neil Amstrong: "O 21 de agosto, un robot deu un pequeno paso cara un futuro mellor para todos". Este insólito astronauta regresaba á Terra, despois de ter marcado un paso máis na interacción entre humanos e robots, cada vez máis estreita.

                   Imagen relacionada



O CIRURXIÁN R2D2


   Preceyes BV, unha compañía holandesa adicada á robótica médica nada da Universidade de Eindhoven, desenrolou R2D2 (Robotic Retinal Dissection Device), que non é o popular robot de Star Wars, senón un brazo robótico cunha gran precisión. Está especialmente deseñado para realizar procedementos a pequena escala na cirurxía ocular.
  Os robots teñen a capacidade de realizar moitas tarefas dunha forma máis precisa e eficaz que os seres humanos. Por este motivo, resultan de especial utilidade na práctica quirúrxica, onde en moitas ocasións a habilidade para executar os movementos cunha precisión milimétrica supón o éxito da intervención.

                         Resultado de imagen de R2D2 UN robot quirúrgico

  En cirurxía, o uso de robots convertiuse en algo habitual na última década porque proporcionan gran cantidade de beneficios: ofrecen aos cirurxiáns un maior nivel de control sobre os seus movementos, ao mesmo tempo que reducen o risco de infección e o trauma dos pacientes.
  Gracias á axuda destes dispositivos, pódense levar a cabo intervencións moi complexas que sería difícil facer sen estas ferramentas ou en ocasións imposible. Da Vinci, un robot quirúrxico para reparar válvulas cardiacas, é un dos que conta con máis experiencia ás súas costas e xa operou a máis de tres millóns de pacientes en todo o mundo.
  Un dos grandes inconvintes dos robots quirúrxicos é que ata agora eran demasiado voluminosos, polo que non se podían empregar para efectuar certos procedementos a pequena escala. Sen embargo, R2D2 é moito máis reducido e permite executar movementos precisos para traballar no interior do globo ocular.

                      Imagen relacionada
 
  A primeira intervención realizada con este robot tivo lugar no Hospital John Radcliffe de Oxford en Inglaterra o pasado mes de setembro, e permitiu ao cirurxián practicar unha incisión na retina e manipular unha membrana de menos dunha centésima de milímetro de espesor. Desde entón, outros pacientes tamén foron operados con éxito utilizando R2D2.
  Non obstante, este non é o único robot quirúrxico para a oftalmoloxía. Tamén atopamos a Axsis, un prototipo no que comenzou a traballar o pasado mes de abril un equipo de Cambridge Consultants, que cun tamaño dunha lata de refresco é un dos robots máis pequenos coñecidos para o seu uso en cirurxía.
  Ningún dos dous modelos está dispoñible á venta aínda. O equipo de Axsis continuará optimizando o robot para reducir o seu coste e facelo asequible aos hospitais máis pequenos.


jueves, 19 de enero de 2017

LEIS PARA O BOOM DOS ROBOTS INTELIXENTES


  A intelixencia artificial abriu a porta a novos mercados e oportunidades pero tamén plantexa numerosos interrogantes que a Eurocámara quere empezar a despexar. A súa comisión de asuntos xurídicos aprobou esta semana, por 17 votos a favor, 2 en contra e 2 abstencións, un informe sobre este ámbito no que reclama á Comisión Europea propostas para empezar a regular este sector en pleno auxe. 
  As estimacións actuais apuntan á existencia de 1,7 millóns de robots en uso en todo o mundo. Xa sexan brazos utilizados en operacións médicas, aparellos para muxir vacas, robots industriais, drones ou sistemas de conducción intelixentes controlados por ordenador. Entre o 2010 e o 2014, as ventas de robots aumentaron de media un 17%. Só no 2014 foi dun 29% e un 15% no 2015, según o derradeiro informe da federación internacional de robótica que sitúa a China como o principal mercado, por diante de Corea do Sur, Xapón, Estados Unidos e Alemania.
  A humanidade atópase ás portas dunha era na que robots, bots, androides e outras formas de intelixencia artificial cada vez máis sofisticadas parecen dispostas a desencadear unha nova revolución industrial e é vital prepararse. Do contrario, alertan, nuns decenios a intelixencia artificial podería supera-la capacidade da humanidade de controlar a súa propia creación e de paso, a capacidade de ser dona do seu propio destino e garantir a supervivencia da especie.

                              Resultado de imagen de robots inteligentes

  Para anticiparse a este esceario, propoñen en primeiro lugar definir que é un robot autónomo.
Partindo das leis do escritor Isaac Asimox -non debe facer dano a un ser humano, ten que obedecer as ordes que recibe dunha persoa e protexerá a súa propia existencia sempre que non entre en conflicto coas dúas primeiras regras-, plantexan a seguinte definición: se funciona mediante sensores ou intercambio de datos, se ten capacidade de autoaprendizaxe, se ten un soporte físico e se adapta o seu comportamento e accións ao entorno. 
  Os eurodiputados tamén piden a Bruselas que cree unha axencia europea sobre robótica e intelixencia artificial que aporte experiencia, técnica, ética e reglamentaria, así como un código ético para regular a responsabilidade e garantir uns estándares. Por exemplo, consideran que os enxeñeiros deberían incluír, á hora de deseñar androides, o que chaman "botóns da morte" para poder desactivalos en caso de rebelión. Tamén opinan que unha futura lexislación debería acotar a utilización dos robots asistenciais, porque sustituílos por persoas podería "deshumanizar a prestación de coidados" médicos e definir os requisitos mínimos que debe esixir un cirurxián para utilizar robots quirúrxicos. 
  Pero se hai un ámbito no que é "urxente" armonizar as regras é no dos coches sen conductor - como os que desenrola Google ou os semiautónomos de Tesla-, para evitar os potenciais problemas ante accidentes relacionados con este tipo de vehículos. Como solución, plantexan un seguro obrigatorio para os fabricantes e un fondo de compensación para cubri-las reclamacións por danos de robots sen seguro.

                      Resultado de imagen de coche sin conductor

  Ademais, no caso dos robots máis sofisticados, como é o caso de aqueles capaces de tomar decisións de forma autónoma, recomendan dotalos dun estatus legal específico como "persoas electrónicas".
  Canto máis autónomos sexan os robots, menos se lles poderá considerar simples instrumentos en mans doutros axentes (como o fabricante, propietario ou usuario) e por eso a normativa xeral sobre responsabilidade resulta insuficiente. É cada vez máis urxente abordar se os robots deber ter personalidade xurídica. 

domingo, 15 de enero de 2017

O NOVO PROFESOR EINSTEIN


  Entre a gran variedade de productos presentada no CES (Consumer Electronics Show) deste ano, a compañía Hanson Robotics presentou ao mundo un dos robots asistentes máis extraños que poderás coñecer: o Profesor Einstein.

                Resultado de imagen de profesor einstein robot
                   
   Obviamente inspirado no físico alemán, o profesor Einstein é un robot de 14,5 pulgadas de altura que se conecta a Wifi e ten como propósito principal ensinar e divertir, e tamén aprender, a través dunha ferramenta chamada Mind Cloud, a cal é unha especie de memoria na nube que recorda e analiza as interaccións cos humanos.
  Ademais inclúe unha aplicación móvil chamada Stein-O-Matic, que o usuario pode utilizar para xogar, aprender sobre ciencia, consultar problemas e ata verificar o estado do tempo, xusto como calquera outro asistente virtual do mercado.
  O profesor Einstein pon ollos de sorpresa, saca a lingua e da unha explicación simple da teoría da relatividade. Coa súa "pel" de caucho e o seu bigote que parecen verdadeiros, case que se olvida un de que é un robot. Ten unha gran variedade de xestos faciais, 50 en total, dos cales moitos parecen ser do tipo que non quixeras ver despois dunha película de terror.

                     Resultado de imagen de profesor einstein robot

  Einstein forma parte da dúcia de robots, preparados para facerlle compañía e coidar aos seu fillos.
  Os avances tecnolóxicos, en particular no campo da intelixencia artificial, permiten que hoxe estes robots parezcan verdadeiros membros da familia.
  "Creamos robots que teñen personalidade" afirma Andy Rifkin, o director tecnolóxico da empresa de Hong Kong Hanson Robotics, que quere comercializar a Einstein este ano por 299 dólares.
  Este será o primeiro producto destinado ao público da empresa, coñecida polos seus robots humanoides.
  Einstein, que chega ata os xeonllos dun humano e responde a pedidos vocais, pode axudar aos rapaces a facer os seus deberes escolares, xogar con eles ou contestar ás súas preguntas matemáticas e científicas.
  "É diferente aos outros robots", asegura Rifkin, quen subraia que o "vínculo emocional" pode ser un elemento importante no aprendizaxe dos rapaces.

Resultado de imagen de profesor einstein robot del ces




KURI



  Kuri é un robot personal para o teu fogar con WIFI, Bluetooth, unha cámara de 1080 pixeles e unha capacidade de aprendizaxe para entreter aos teus fillos e vixiar a túa casa. Con soamente medio metro de altura e un peso de pouco mais de seis kilos, Kuri é un dos robots de CES 2017, que ten unha cariña moi ao estilo Pixar e dotado de intelixencia artificial para aprender a distribución da túa casa co fin de sortear obstáculos e responder as túas necesidades.

                         Resultado de imagen de Kuri, el robot
 
  Os ollos de Kuri están equipados cunha cámara que pode capturar fotos e videos, recoñecer as caras dos membros da familia e realizar as funcións dunha cámara de vixiancia IP e enviarche alertas ao móvil. Foi desenrolado por Mayfield Robótica, propiedade de Bosh.
  Kuri ten un micrófono incorporado con tecnoloxía de detección de son que fai que poida recoñecer e responder ás ordes que xa aprendeu. Tamén pode detectar ruídos que se saen do normal e enviar unha alerta ao móvil.
  Kuri é capaz de recoñecer as túas cancións favoritas (previo aprendizaxe) , e audiolibros ou ler un conto aos teus fillos. Eso sí, Kuri fala en "linguaxe robótico", pero con capacidade de aprendizaxe, movementos de cabeza e luces de cores, o que o converte nun R2-D2 particular. Pode configurarse con outros dispositivos da casa de maneira que sirva a modo de "maiordomo" para poder activar funcións ou servir de coidador do fogar. Se ademais tes mascotas, Kuri enviarache un vídeo delas para que comprobes como se atopan.

                Resultado de imagen de Kuri, el robot

   Este robot para o fogar conta tamén con:
- 4 micrófonos e altavoces duais de gran alcance
- Varios sensores para mapeo e detección de obxetos para que non caia e saiba onte se atopa.
- Programable para tarefas do fogar.
- Terá unha aplicación para Ios e Android.
- Unha batería de 3 horas de duración, Kuri recárgase só dirixíndose á base cando queda sen carga.
  O seu precio é de 699 dólares, pero de momento só se pode atopar en EEUU.


domingo, 8 de enero de 2017

UNHA NOVA REVOLUCIÓN

                 
                      Resultado de imagen de la revolución 4.0

   A economía mundial atópase ás portas dunha nova revolución. Para algúns trátase dunha cuarta revolución; para outros simplemente é darlle unha volta a terceira: a impulsada por tecnoloxías como as impresoras 3D, o chamado Internet das cousas e o universo Big Data. A dixitalización das fábricas permitirá, din os expertos, pasar da producción en masa á personalización en masa, e facilitará a reindustrialización de Occidente. Industrias como a automotriz e a aeronáutica xa están experimentando coa producción meidante impresión 3D de pezas que, pola súa complexidade e forma, son mais doadaas de imprimir que ensamblar. Ford, por exemplo, conseguiu rebaixar o coste dos prototipos de coches de 500.000 a 3.000 dólares. A industria está aínda un pouco lonxe de confiar a producción final a estas novas impresoras, pero os avances para acercarse a este punto son moi rápidos.

                       Resultado de imagen de la revolución 4.0

  Neste novo universo, probable fonte de inspiración para un escritor de ciencia ficción, os robots son esenciais. O nivel de sofisticación destas máquinas estase incrementando; ofrecen máis horas de traballo a menor coste, aínda que tamén é verdade que esixen maiores inversións iniciais. O Internet das cousas (na actualidade, hoxe hai 3.800 millóns de obxetos conectados a rede de forma autónoma), o universo big data ( análise de grandes cantidades de datos para anticipar comportamentos ou averías) e a nube (almacenamento dixital a gran escala) completan a nova Industria 4.0, según o termino acuñado en Alemania.
  O grupo ABB desenrolou a YuMi, un robot de última xeración que é capaz de manexar pezas delicadas, como as de un reloxio de pulseira ou os compoñentes dun teléfono móvil. YuMi e os seus compañeiros de traballo humáns poden traballar cóbado con cóbado sen ter que recorrer a vaias ou gaiolas protectoras.

                          Resultado de imagen de yumi

  Neste suposto novo mundo, as víctimas das deslocalizacións, os perdedores da globalización, poden saír gañando cos novos avances industriais, que ao final buscan mellorar a productividade e reducir márxenes. Os países con elevados costes de producción aspirar a recuperar a producción perdida durante os derradeiros vinte anos a favor de mercados emerxentes como a China e a India.
  A medida que o número de empregados dunha fábrica se reduce, o coste laboral en proporción ao coste total da fabricación cae. Este feito constitúe un aliciente para que algunhas compañías volvan a localizar a súa producción en países ricos.
  A manufactura dixital desta nova revolución permitirá producir menos cantidades, a menor coste e d unha forma máis flexible, para fabricar de forma máis persoalizada e máis rápida. Esto permitirá ás empresas dar unha resposta máis veloz á demanda.
  As ganancias de productividade suelen facerse a costa do emprego. Sustituír a un operario que realiza unha tarefa repetitiva por un robot pode resultar óptimo para a empresa, pero con casi toda seguridade deixará a ese empregado na rúa. Nembargantes, os expertos na nova industria dixital calculan que as novas formas de producción acabarán xerando máis emprego gracias á aparición de novas necesidades -como coordinadores de robots- e o aumento da actividade económica.
  A introducción da robótica traducirase en maiores incrementos de emprego nas empresas que producen maquinaria intelixente e os aumentos serán máis limitados no automóbil e a metalurxia.
  Os responsables políticos de EEUU e a UE, entre outros países, están revisando o potencial da súa industria de xerar empregos e crecemento económico nestes tempos de suposta saída dunha dura crise, cheos de incertidume.
  Como toda revolución, admiten os expertos, entraña riscos. ¿Qué pasa se a máquina se equivoca?, ¿se hai un ciberataque?, ¿quen almacenará os datos de millóns de ciudadanos?. Son retos á espera de respostas.

                       Resultado de imagen de la revolución 4.0


lunes, 2 de enero de 2017

ROBOTS DE REPARTO


   Estes robots miden arredor de cuarenta centímetros de alto, teñen seis rodas e están equipados practicamente co mesmo tipo de tecnoloxía que os coches sen conductor. Teñen nove cámaras, dous canais de audio, sensores de movemento, unha sinal GPS e un sistema de mapeado. Son practicamente autónomos, pero teñen operadores remotos que poden tomar o control en calquera momento.

              Resultado de imagen de robots de reparto

   Just Eat, a compañía máis grande de Europa de reparto de comida a domicilio, foi a primeira empresa en apostar por esta nova tecnoloxía. Despois de cinco meses de "exhaustivas probas", en decembro empezou a facer os primeiros repartos no barrio de Greenwich. En 2017 pretenden ampliar o seu uso a todo Londres e o seu obxetivo final é "ter unha flota de robots en múltiples vecindarios da Gran Bretaña".
  En paralelo, a cidade de Redwood City en California (EEUU) terá unha flota de vinte robots a principios de 2017 encargándose da entrega de comida a domicilio ou de libros da biblioteca. Este plan forma parte dun proxecto piloto que tamén se vai a realizar en Washington D.C.
  No caso dos robots de Just Eat o proceso de reparto é igual de sinxelo que cun operador humano. O cliente pide a comida vía app e recíbea na súa porta. O pago realízase a través da aplicación. Para poder sacar o paquete, o usuario recibe un código por mensaxe de texto co que se desbloquea a tapa do carrito.

                  Resultado de imagen de robots de reparto

                                                          Resultado de imagen de robots de reparto

  Non é posible pedir que sexa un dos robots quen leve a comida, pero os clientes sí son avisados de que van a ser un destes aparellos o encargado de facer o reparto. O que deixa a porta aberta a negativas de usuarios.
  Poden levar ata dez kilogramos de peso ou tres bolsas da compra a unha velocidade máxima de seis kilómetros por hora, similar ao paso humano xa que todo o traxecto cúbrenno polas beirarrúas (cunha bandeira amarela ou bermella para facelos máis visibles). O obxetivo é que cubran un radio de tres a cinco kilómetros, o que lles pode levar entre quince e trinta minutos, máis do que tarde actualmente un reparto en moto ou bicicleta e similar ao tempo que propuxo Amazon para os seus drones. O aparello tarda en chegar ao restaurante do que sae o pedido, supostamente o tempo que tarda este en ser preparado.
  Unha das preocupacións iniciais era cómo ía a reaccionar o público cos robots. Pero os creadores da compañía aseguraron que o "máis sorprendente" foi a "falta de reacción", aínda que aos nenos lles encanta "tratan de cazalo e abrazalo, un mesmo tratou de darlle a comer un plátano". Aínda non se tiveron que enfrentar a ningún caso de vandalismo, pero por si acaso, o robot incorpora unha alarma no caso de que alguén intente levalo.
  Estes robots son unha proba máis de que o concepto de entrega a domicilio está cambiando.