sábado, 22 de abril de 2017

PowerRay, o robot submarino con cámara 4K UHD


  PowerVision Technology Grou, compañía especializada en vehículos aéreos non tripulados (VANT), robot e tecnoloxía de Big Data, anunciou que PowerRay, un innovador robot submarino con tecnoloxía avanzada e deseñado para revolucionar a pesca, está xa dispoñible para a súa reserva a nivel mundial.
  PowerRay preséntase como "o robot definitivo" para aqueles que queren explorar o mundo submarino, xa sexa por motivos profesionais ou de ocio. Ese dispositivo pódese utilizar para tomar fotografías ou videos baixo a auga ou para visualizar os avances dun atleta acuático, así como para levalo a unha excursión de pesca. Este producto estará dispoñible en tres paquetes diferentes: PowerRay Explorer, PowerRay Angler e PowerRay Wizard.

                   Resultado de imagen de powerray

  PowerRay pode bucear a unha profundidade de ata 30 metros baixo a auga. O seu sistema sónar pode detectar peixes ata 40 metros por debaixo do robot, o que amplía a distancia total de inmersión ata 70 metros de profundidade cunha precisión de ata 10 centímetros. O sistema de WiFi interno permite a transmisión de imaxes e datos a unha distancia de máis de 80 metros.
  Coa aplicación PowerRay Mobile, os usuarios poden ver en tempo real as fotografías ou videos que transmite a cámara 4K UHD integrada en PowerRay a través de dispositivos iOs ou Android, ademáis de recibir imaxes para identificar os peixes, datos submarinos e alertas. Tamén proporciona a posición do robot PowerRay a tempo real, permite seleccionar o modo viaxe, a velocidade e as opcións de luz.
  Por outra parte, este dispositivo inclúe un anzó opcional que se controla con precisión de maneira remota. Os usuarios poden asegurar os seus cebos e operar o robot para levalos á ubicación desexada de forma precisa.
  O mundo submarino é un entorno fascinante que agora poderá explorar todo o mundo, xa sexa para a pesca ou para que os usuarios disfruten da posibilidade de ver en detalle a flora e fauna baixo a auga. PowerRay incorpora grandes innovacións que ofrecen importantes beneficios aos entusiastas da pesca, incluíndo unha cámara, ata 4 horas de funcionamento e a oportunidade de personalizar o seu PowerRay con diferentes complementos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario