sábado, 22 de abril de 2017

FEDOR: ROBOT RUSO CAPAZ DE CONDUCIR E DISPARAR


  FEDOR (Final Experimental Demonstration Object Research), é un robot humanoide ruso que foi presentado o ano pasado e que hoxe o viceprimeiro ministro ruso, fixo oficial.
  FEDOR non é un arma militar, senón un dispositivo de intelixencia artificial pensado para tarefas de rescate e viaxes ao espacio, e nega que este robot se use con fins violentos, aínda que nunca se sabe, esta clase de robots poden estar presentes nalgunha guerra.
  FEDOR é capaz de conducir un coche, dar golpes cos puños, disparar armas de fogo con ambas mans sempre cunha precisión envidiable, ademáis de que pode manipular diversas ferramentas, chaves e ata cambiar bombillas. Sen dúbida este robot pode facer de todo e aínda que non se planea usar para un movemento armado, este robot está preparado para matar ou axudar a cambiar o teu foco.

            Resultado de imagen de russian robot fedor
                                            Imagen relacionada

  O robot FEDOR é un desenrolo que surxe dos laboratorios de Android Technics e do Advanced Research Fund, onde agora mesmo o obxectivo é mandalo ao espacio a unha misión individual no 2021. Sen embargo, algunhas voces do goberno non descartan que poida servir para tarefas militares, aínda que o viceprimeiro ministro o negue.
  Según o viceprimeiro ministro, que FEDOR esté aprendendo a disparar con ambas mans é parte das súas tarefas de adestramento, xa que con esto mellóranse as habilidades motoras finas que servirán para outras tarefas de precisión. O robot ademáis de contar con sistemas de intelixencia artificial para actuar de forma autónoma, tamén é capaz de servir como "avatar"e imitar os movementos e accións doutras persoas, quen o estaría mandando de forma remota desde outros sitios.
  Este sen dúbida algunha é un gran avance na tecnoloxía actual, e ao momento no que este robot esté completamente funcional, seguro existirán un par de robots similares, poderíamos ter unha pelexa de robots moi pronto... ou unha guerra.





No hay comentarios:

Publicar un comentario