miércoles, 19 de abril de 2017

ROBOTS ESPAÑOIS QUE LOITAN CONTRA O TERRORISMO E AS MINAS ANTIPERSOA


  Non son os robots que máis miradas atraen nas clásicas feiras: non teñen aspecto humán, non resultan adorables e non auguran un futuro no que os humáns esquivemos tarefas cotidianas engorrosas. Pero hoxe en día son os que máis vidas salvan gracias a súa capacidade de detectar e desactivar bombas. Moitos deles teñen unha orixe española. 
  Con ETA, o GRAPO e o 11-M, España tivo que desenrolar un altísimo grado de especialización na loita contra artefactos explosivos. 
  Proytecsa é unha compañía española que é agora unha das principais empresas deste singular sector da robótica de desactivación de explosivos. 
  No 2012, a Policía Nacional especificou un novo tipo de robot, os "aunav", que esta empresa se encargou de desenrolar. Agora prestan servicio en 17 paises como a India, Exipto, Arabia Saudí ou a República de Mauricio. 

Resultado de imagen de los robots españoles que luchan contra el terrorismo
  

   España é lider na robótica adicada á desactivación de explosivos desde hai máis de 10 anos. 
  Nos últimos anos, a empresa especializouse en robots de máis de 150 kilos (un sector ao que apenas se adican unhas 10 compañías en todo o mundo), que ten como reto combinar a gran forza dos seus brazos hidráulicos coa enorme precisión necesaria para a desactivación de bombas. O seu aunav.NEXT, por exemplo, conta con dous brazos capaces de abrir mochilas e contenedores.          Mentras, outros modelos como o aunav.EOD, desenrolado en colaboración coa Policía Nacional para o seu uso polos TEDAX españois, poden levantar máis de 250 kilos e arrastrar ata 800.
  A industria robótica antiterrorista con selo español non se centra unicamente en explosivos colocados en coches e mochilas. Un equipo de investigadores do Centro de Automática e Robótica CAR (CSIC-UPM), desenrolou un robot capaz de detectar e delimitar con exactitude a área na que hai minas antipersoas.
  O traballo do equipo español consistiu na creación dun robot de seis patas que permitiría esquivar máis dun problema vinculado coa desactivación de minas antipersoa. Estes artefactos explosivos entrañan un sinfín de riscos: son baratos de fabricar, existen centos de modelos distintos, hai máis de 100 millóns repartidos por todo o mundo e o ideal é retiralos sen facelos estalar para que os restos de explosivo non contaminen a terra ata deixala inservible. Sen embargo, o hexápodo creado, que xa foi probado en Camboia e Croacia, é capaz de eliminar uns cantos. 
  Para facer o seu traballo, este robot de pais españois sírvese dun puñado de sensores. En primeiro lugar, sitúase frente a un área detectada por un satélite como perigosa e, co seu detector, vai buscando o sitio exacto no que hai unha mina. Unha vez detectada, xa é un equipo humano o que acude a retirar, coas precaucións necesarias e tratando de non contaminar a zona, o artefacto en cuestión. 

                Resultado de imagen de los robots españoles que luchan contra el terrorismo




No hay comentarios:

Publicar un comentario