domingo, 20 de noviembre de 2016

AS EMOCIÓNS E AS MÁQUINAS


  A intelixencia artificial vai camiño de transformar o mundo. Os grandes monstruos tecnolóxicos -Google, Facebook, Intel, Microsoft- compiten por expandir os límites neste campo, que busca que as máquinas aprendan por sí soas, que tomen decisións, que resolvan problemas. Pero ¿acaso é eso suficiente?, ¿poden limitarse, simplemente, a eso, a ser intelixentes?
  Un nutrido grupo de científicos, enxeñeiros e emprendedores teñen ben claro que non e dirixen os seus esforzos e investigacións a franquear a seguinte fronteira: conseguir que as máquinas estén dotadas de intelixencia emocional. É dicir, que sexan capaces de recoñecer e interpretar as nosas emocións, que tomen decisións en función destas. Esto chámano computación afectiva e está en pleno fervor.

                         Resultado de imagen de computacion afectiva

 
  Unha aplicación de Afectiva é capaz de determinar o noso estado de ánimo mediante un algoritmo que toma datos de 45 músculos da nosa cara. A compañía israelí Beyond Verbal analiza as emocións estudiando en tempo real as inflexións da nosa voz. EmoShape desenrola un microchip que permite unha resposta emocional por parte dun robot. E mentres, cadeas como a BBC e a CBS xa someten as súas series e programas ao test da audiencia: envían clips a miles de voluntarios que os ven cunha webcam a través da cal se recollen datos que permiten interpretar as súas reaccións.

                        Imagen relacionada

                       
   A computación afectiva estanos conducindo suavemente cara coches que detectarán se imos distraídos;  a tutores virtuais que saberán que é momento de darlle un descanso ao alumno; a aplicacións que medirán mesmo as emocións que queremos ocultar.
  O robot que nos esperará na casa pinchará as nosas cancións favoritas para levantarnos o ánimo se nos ve alicaídos. E o móvil que levaremos no bolsillo ( ou vaia vostede a saber donde) incorporará un chip de emocións que saberá qué tal estamos hoxe en función de cómo lle demos a unha tecla.

                      Resultado de imagen de computacion afectiva



jueves, 17 de noviembre de 2016

O "SUPERCIRURXIÁN" DAS MANS DE ACEIRO


  O robot quirúrxico Da Vinci é o autómata máis coñecido nos quirófanos do mundo, 24 deles españoles, 13 en hospitais públicos. Leva tres millóns de operacións desde o ano 2000.
 Da Vinci, recibiu o seu nome como homenaxe a Leonardo da Vinci, quen construiu o primeiro robot.

                           Resultado de imagen de robot da vinci

  Componse dunha consola ergonómica desde a que o cirurxián opera sentado e que, normalmente, atópase no mesmo quirófano. Ao lado do paciente sitúase a torre de visión (formada por controladores, video, audio e proceso de imaxe) e no carro quirúrxico incorpora tres ou catro brazos robóticos interactivos controlados desde a consola, no extremo dos cales encóntranse acopladas as distintas ferramentas que o médico precisa para operar, tales como bisturíes, tesoiras, unipolar, etc.
  Permite optimizar o rango de acción da man humana, reducindo o posible temblor e perfeccionando tódolos movementos do cirurxián. Desta maneira, minimízanse as posibilidades de erro en relación con outros sistemas quirúrxicos. Este sistema incorpora múltiples e redundantes características de seguridade.
  Pero o robot da Vinci non é autónomo, require en tódolos casos a intervención e toma de decisións dun profesional que actúe como operador humano para todas as accións. Na actualidade o robot opera na metodoloxía "mestre-escravo", o cirurxian ven sendo o mestre e o robot o escravo.
         
              Resultado de imagen de robot da vinci
 
  Ao proporcionar aos cirurxiáns unha visualización superior, unha maior destreza, maior precisión e confort ergonómico, permite realizar máis procedementos mínimamente invasivos abarcando diseccións ou reconstruccións complexas. Para o paciente, un procedemento Da Vinci, pode ofrecer tódolos beneficios potenciais dun procedemento mínimamente invasivo, incluíndo menos dolor, menos pérdida de sangue e unha menor necesidade de transfusións. Ademais, este sistema pode permitir unha estancia hospitalaria mais curta, unha recuperación mais rápida e un retorno mais rápido á normalidade das actividades diarias.
  Aínda se utiliza só nun escaso número de operacións (entre un 2 e un 5%, según varias estimacións), a maioría en uroloxía, xinecoloxía ou cirurxía xeral. Só un tercio das intervencións asistidas con robot teñen lugar fora de Estados Unidos, o país onde se fabrica e onde se venden a maioría dos autómatas como este. Qué detén a súa expansión? O precio dos equipos e o coste por operación (ata 3.200 dólares) xa que as pinzas e demais instrumental deber ser remplazadas tras un número determinado de operacións.
  Caro ou non, a demanda para poñerse en mans dun cirurxián provisto desta superarmadura robótica está aí. Tanto as operacións como as ganancias da empresa que fabrica Da Vinci crecen a un ritmo de dous díxitos (16% e 13% respectivamente na primeira metade de 2016).

Resultado de imagen de robot da vinci


domingo, 13 de noviembre de 2016

DEXMO, UN "GUANTE" ESPECIAL

   Dexmo é un exoesqueleto que se coloca sobre as mans e que permite incorporar o sentido do tacto en xogos e noutros entornos virtuais. É como unha especie de araña ou de cangrexo duns 170 gramos de peso e unhas catro horas de autonomía que se coloca sobre a man do usuario que ten uns dedos que se encargan de limitar o movemento dos dedos do usuario. Desta forma, o usuario pode notar a forma de calquer obxecto que esté suxeitando no mundo virtual. 

Resultado de imagen de dexmo
 
  Pero, ademáis, Dexmo é capaz de graduar a forza coa que actúa, opoñendo tanta máis resistencia ao movemento canto máis duro sexa o obxecto representado. Esta forza é variable, co que se o usuario está apretando un balón ou unha pelotiña antiestrés notará como a resistencia do obxecto cambia.
 Incorpora, ademáis, os sensores de movemento necesarios para saber en qué posición están os dedos de cada man e en qué orientación e posición respecto ao corpo están as mans, co que a ilusión non só é táctil, senón que eses datos pódense trasladar ás gafas para que as "mans" aparezan na posición correcta.
  Dexmo non precisa cables, co que é un elemento menos que poidera interferir coa experiencia de uso, que non ten porqué estar limitada a xogos senón que se pode extender a outros campos: os entornos educativos ou de entrenamento en tareas determinadas.
  Eso sí, Dexmo aínda non está dispoñible e aínda non se sabe o precio, que terá que ser o suficientemente competitivo para que esté ao alcance dos potenciais usuarios. Están traballando nel en Dexta Robotics, unha empresa estadounidense especializada en robótica instalada en China.


                             Resultado de imagen de dexmo

                                   


martes, 1 de noviembre de 2016

AS NOVAS FRONTEIRAS ENTRE MÁQUINAS E HUMANOS

  Hainos que cumplen o rol de ama de casa, conducen autobuses e taxis cun grado de precisión enfermizo, fan análises e informes dun montón de datos cruzados, aténdennos nos hoteis e mesmo nos supermercados no noso idioma, para os xogos olímpicos de Tokio 2020 están previstas unhas olimpiadas de robots. Son unha máquina inventada por nós, os humanos, capaz de facer tarefas inconcebibles ao aprender non só por imitación. Falamos do "deep y machine learning", campos da ciencia artificial que se están a desenvolver de maneira increíble. Xa son máis que algoritmos matemáticos que replican ou imitan determinados patróns humanos. O derradeiro exemplo corresponde ao programa informático AlphaGo, que deixou na estacada ao surcoreano, Lee Sedo, campeón indiscutible ata o momento actual do xogo tradicional chino GO, cunha xogada calificada polos expertos de "creatividade computacional".
  Os robots gozan dun status por determinar, aínda que Corea do Sur é o primeiro país que se atreveu cun código ético, Parafraseando a José Luis Cordeiro, profesor e asesor en Energía de la Singularity University (NASA, Sillicon Valey) " en occidente temos medo aos robots por que significan "traballo escravo". Sen embargo, en Asia, sobre todo en Xapón, Corea e China ven nestas máquinas a un gran aliado. Cando un ser humano está en apuros os robots axudan ao humanos".
  Moitos de nos preguntámonos que foi dese ordenador desenrolado por IBM que conseguiu derrotar ao campeón mundial de xadrez.

                         Resultado de imagen de watson derrotó al ajedrez
Resultado de imagen de watson ibm Watson, está estudiando nestes momentos miles de traballos médicos, informes, ensaios clínicos, probas a pacientes de todo o mundo co único obxetivo de convertirse no maior médico do mundo, e servir ao resto dos médicos nos seus diagnósticos online a unha velocidade xamais vista. ¿Será este tipo de usos os que se lle dará a intelixencia artificial?.

     Resultado de imagen de watson ibm

  Está por determinar se a máquina mellorará ao humano, se lograremos extender a nosa humanidade a outros recipientes máis lonxevos, ou si chegado o tempo seremos unha especie máis que habitou a terra durante un espacio de tempo X.
                   


                         Resultado de imagen de frases famosas de ciencia y tecnologia.