viernes, 3 de marzo de 2017

O PROFESOR XAPONÉS QUE CREA HUMANOIDES IGUAIS CA EL

 
  Hiroshi Ishiguro (Kyoto,1963) é igual ca o seu robot. Ou o seu robot é igual ca el. O mesmo cabelo negro e a mesma cara seria. Aínda que feito de silicona, o Ishiguro androide tamén fala e contesta preguntas buscando as mesmas expresións que utilizaría un humano. Ese e o verdadeiro obxetivo do Ishiguro real, o director do prestixioso Laboratorio de Robótica Intelixente de Xapón: crear humanoides que poidan facer as mesmas funcións que un humano. " ¿Qué facemos co resto de persoas? ¿Ir ao cine, falar, axudarnos? Pois eso mesmo poderemos facer cun robot. O máis importante é que será alguén con quen manter unha conversación", asegura nunha entrevista durante o Congreso Español de Informática, na sede do grupo de investigación BISITE da Universidade de Salamanca.

                 Resultado de imagen de hiroshi ishiguro 

                                                                     
   
  O profesor da Universidade de Osaka estivo máis de 15 anos investigando sobre este tipo de máquina e xa non pon límites: nin de lingua, nin de tarefa, nin sequera de sentimentos. Ishiguro está convencido de que serán coma nos, só que moito máis listos. "Poderán aprender calquera cousa porque son ordeadores, poderán acceder á súa propia internet e terán unha memoria inigualable." asegura entusiasmado. Serán ademáis, personalizables, todo dependerá da programación que o seu propietario queira darlle. Vangardista ata o extremo en intelixencia artificial, menosprecia a intelixencia de Siri ou de calquera asistente virtual polo "seu simple funcionamento". Por suposto que os seus robots poderán facer tamén ese tipo de funcións. Na súa utopía robótica todo é posible.

No hay comentarios:

Publicar un comentario