miércoles, 15 de marzo de 2017

A SERPE ROBÓTICA


  Hai moitas esceas de desastre onde os grupos de rescate non se atreven a pisar, aínda que haxa persoas que precisen axuda. Un edificio colapsado é unha trampa mortal, tamén para os rescatistas, o máis mínimo movemento equivocado pode desencadear unha avalancha que os enterre xunto aos que viñeron a rescatar.
  A Serpe Robot que foi desenrolada por o Technion, é un robot en miniatura que se desliza en zonas de desastre de calquer tipo. É o suficientemente lixeira coma para non causar danos e, equipada con cámaras e sensores, pode trazar un camiño para que os rescatistas poidan entrar sen dañar a estructura, así como determinar con exactitude onde están os superviventes.

                          Resultado de imagen de serpiente robotica de fukushima

  O sistema pode ser utilizado en calquera situación e proveer a información previa acerca dunha situación que precisa preparativos especiais para que os equipos de rescate logren facer o seu traballo.
  A serpe robótica podería ser útil na guerra urbana e subterránea, xa que permite a inspección e vixiancia dos sitemas de redes de sumidoiros, túneis estreitos, ou alcantarillas, inaccesibles por outros sistemas.
  Outra vantaxe deste tipo de robots é o feito de que todo o robot actúa como brazo altamente flexible que ten múltiples graos de liberdade (DOF)
  A serpe é altamente maniobrable xa que pode maniobrar a través de terreos difíciles, facelo sixilosamente dentro de edificios, e usar os seus sensores para explorar os seus interiores.
  O robot é capaz de levar sensores desbotables que poidan ser separados e deixados en puntos estratéxicos para controlar a actividade no interior de edificios. Cando a actividade dentro de edificios resulta sospeitosa e é detectada, o robot sixiloso será capaz de identificar obxetivos específicos mentras permanece virtualmente desapercibida e poderá deixar tras de sí cargas explosivas temporizadas.
  Como sensores primarios, o robot está equipado cunha cámara termográfica, cámaras en miniatura ou de pouca luz, sensores de TV e, posiblemente, escáneres láser que funcionan como radar láser (LADAR).
  Como cada un dos enlaces está integrado con cámaras, todo o grupo é redundante, ten vista múltiple de 360 º dos seus arredores, con cartografía de zonas de interior e subterráneas por radar láser.


No hay comentarios:

Publicar un comentario