domingo, 19 de marzo de 2017

OS ROBOTS VULNERABLES AOS CIBERATAQUES


Resultado de imagen de ciberataques

  Según varios expertos en seguridade, os robots máis coñecidos en todo o mundo son vulnerables aos ciberataques e corren o risco de espiar aos seus usuarios ou de revelar secretos comerciais.
  IOActive, unha empresa de ciberseguridade, revisou a 50 robots (entre os que se inclúen Pepper de Softbank Robotics e o robot industrial Baxter de Rethink Robotics) e descubriu que un hacker podería controlar as súas extremidades e, mesmo, manipular as súas cámaras e micrófonos. Cada vez son máis os robots que sustitúen aos humanos nos seus postos de traballo, polo que a probabilidade de que se produza un ciberataque é maior. Según os datos da empresa de investigación IDC, é probable que para 2020 se dupliquen os gastos nos robots e en servicios relacionados ata acadar os 188.000 millóns de dólares. A César Cerrudo, responsable de tecnoloxía en IOActive Labs, preocúpalle que os robots estén conectados a internet sen contar con ningún tipo de ciberseguridade.
  Aínda que non hai máis probas de ciberataques a robots, Cerrudo advertiu de que se poderían utilizar para provocar danos físicos. O executivo explicou que si un dos fallos que atopou se utilizara para infectar a un robot con ransomware, un software malicioso que bloquea os ordenadores ata que o seu propietario paga un rescate para recuperar os datos, as súas operacións poderían quedar dañadas.

Resultado de imagen de ciberataques

  IOActive, que informou aos fabricantes de robots dos fallos, tamén detectou serios problemas de ciberseguridade en robots de outras compañías como Ubtech Robotics, Robotis, Universal Robots e Sartec.
  Despois de que os expertos en ciberseguridade examinaran as aplicacións móviles, os sistemas operativos e o software dos robots físicos, descubriron que moitos servicios non tiñan nome de usuario nen contraseña, o que fai máis doado controlar o robot a distancia. Outro problema moi común é a débil protección de datos, por non utilizar datos encriptados ou non usalos de forma correcta, o que podería ser un problema cando os robots teñan acceso a datos persoais e financieiros.

No hay comentarios:

Publicar un comentario