viernes, 3 de marzo de 2017
UNHA ANDROIDE PRESENTADORA DUN PROGRAMA EN XAPÓN
Unha androide hiperrealista será a nova presentadora dun programa de televisión online en directo en Xapón, como parte do último experimento social que pretende demostrar que un robot é capaz de desenrolarse a través da comunicación con seres humanos.
Androidol U (do inglés "idol", ídolo), que foi presentada hoxe en Tokio, mide 1,60 metros, pesa aproximadamente igual ca un humano, e responde de forma autónoma aos interlocutores que se comunican con ela a través do portal de vídeos Niconico.
Durante a presentación a androide apareceu no esceario sentada nunha "cadeira bola" e leu algúns comentarios dos seus interlocutores, como un que lle dicía que estaba moi guapa, ao que ela contestou con voz mecánica "¡Dame moita vergoña!".
U ten a apariencia dunha atractiva moza xaponesa: leva media melena e flequillo, viste unha blusa branca, vaqueiros e zapatos de tacón. Maquillaxe e esmalte de uñas ademáis dunhas longas pestañas completan o look hiperrealista. En Xapón, estes androides son xa protagonistas de escaparates, obras de teatro ou películas (como "Saionara")
O científico xaponés Hiroshi Ishiguro, "pai" da androide, augurou que nos vindeiros anos ofrecerán asistencia en lugares públicos, centros comerciais, estacións e escolas, e mesmo como mestres.
U é o primeiro destes novos robots: a interacción cos usuarios a través do seu programa semanal servirá para aumentar o vocabulario e contribuir a unha mellora da súa intelixencia artificial.
O proxecto foi desenrolado polo propio Ishiguro, en colaboración coa compañía de telecomunicacións Dwango -dona de Niconico- e os grandes almacéns Parco.
O científico sinalou ademáis que este proxecto é ideal tamén para saber se un androide pode chegar a a ser aceptado como "ídolo": "É unha proba moi interesante para saber o que a xente realmente pensa dela", engadiu. Polo momento descoñécese a fecha exacta na que comenzará o programa e "por agora", os responsables do proxecto descartan tamén a comercialización da androide.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario