jueves, 9 de febrero de 2017

"ROBOTS" GRAN EXPOSICIÓN EN LONDRES


   O Museo da Ciencia de Londres presentou Robots, a exposición "máis intelixente, global e completa" xamais feita sobre androides e a súa historia, según asegurou o director da institución, Ian Blatchford.
  Desde o século XVI ata os nosos días, a mostra fai un repaso dos 500 anos de evolución dos robots a través de cinco espacios ordeados cronolóxicamente -Marvel, Obey, Dream, Build e Imagine- que captan a "obsesión humana por recrearnos como máquinas".
  A exposición conta con máis de cen robots, desde o considerado como un dos primeiros, unha rudimentaria figura dun monxe mecánico do ano 1560 -creación atribuída a Gianello Torriano como regalo a Felipe II- ata RoboThespian, o primeiro humanoide tamaño real comercializado.

                 

   Robots ensina como as creencias relixiosas, a revolución industrial, a cultura popular e os soños de cómo imaxinamos o futuro influíron na evolución da sociedade e no reflexo desta nos robots, manifestou Blatchford.
  A mostra indaga sobre a cuestión de "por qué" construímos robots, antes que explorar o "cómo", aclarou o director.
  Pola súa parte, o comisario da exposición, Ben Russell, considerou que poñerse cara a cara cun home mecánico sempre foi unha experiencia "desconcertante", e que ao longo dos séculos cada xeración foina experimentando "de novo" a medida que a tecnoloxía foi avanzando. "Esa sensación de inquietude é unha das bases da relación humana cos robots", afirmou.
  Un dos primeiros robots que poderá verse no Museo da Ciencia da capital británica é un bebé que, pese a non ter intelixencia artificial e facer só movementos preprogramados como respirar, estornudar e mover brazos e pernas, impresionará aos visitantes polo seu increíble realismo.

              Resultado de imagen de londres se rinde a los robots
 
  Outra das pezas máis especiais da mostra é o Silver Swan (Cisne de Plata), que o museo Bowes de Barnard Castle prestou a Robots ata o vindeiro 23 de marzo. Trátase dun cisne de plata a tamaño real cun mecanismo de reloxería creado en 1773, unha obra única no mundo que amosa a "interminable fascinación do ser humano por replicar seres vivos en formas mecánicas" detallou o comisario.

             

  Pese a que o termo robot non se empregou por primeira vez ata o ano 1920, estos obxetos con mecanismos de reloxería comezaron a introducir a idea do corpo humano como unha máquina e , con ela, a dos primeiros robots, explicou Russell.
  Eric, o primeiro robot británico creado en 1928 pola Society of Model and Experimental Engineers (SMEE) foi recreado para a ocasión, así como Cygan, un androide de 1950, e T800 Terminator, o famoso robot cinematográfico programado para matar, ao que interpretou Arnold Schwarzenegger.
  Na última parte da exposición, Imagine, atópanse os robots máis modernos, entre eles Zeno R25, capaz de imitar as expresións faciais dos visitantes, ou iCub, un robot programado de tal maneira que pode aprender como o faría un neno, observando, tocando e interactuando con obxetos e persoas.
  Robots poderase visitar no Museo da Ciencia de Londres ata o próximo 3 de setembro, momento no que iniciará unha xira por Reino Unido que a levará a Manchester, Newcastle (2018) e Edimburgo (2019).
           

No hay comentarios:

Publicar un comentario