miércoles, 22 de marzo de 2017

CHEETAH, HANDLE, WILDCAT


  Robots que corren a 30 kilómetros por hora, saltan obstáculos sen perder o equilibrio e ademáis fan as tarefas do fogar. Boston Dynamics, unha compañía que fabrica robots capaces de estas proezas, fainos dubidar de se somos máis áxiles e mesmo mellores amos de casa que estas criaturas robóticas.
  Esta empresa, pertencente a Google, que seguramente fará preocuparse a máis de un polo que os "fans"da ciencia ficción chaman a "revolución das máquinas", toma como inspiración algo tan nautral como diversos animais. guepardos, cabalos e mesmo dinosaurios. No seu canle de Youtube poden verse os vídeos das súas particulares creacións.
  Entre os exemplos máis chamativos atópase "Cheetah" (guepardo en inglés), un robot cuadrúpedo presentado pola compañía en 2012 que é capaz de percorrer a 45 kilómetros por hora. "WildCat", a pesar do seu nome ("gato salvaxe" en inglés) móvese coma un cabalo, salta obstáculos e "galopa" acadando os 30 kilómetros por hora.
  Pola súa parte, "Handle", é unha máquina bípeda que tamén logra saltar obxetos e sorprende polo seu equilibrio, xa que é moi estable. O robot consegue levantar obxetos de casi 50 kilos con facilidade ( e sen dores de lombo posteriores).

                             
   Ademáis de máis fortes e máis áxiles, pode que os robots sexan mesmo máis hábiles que os seres humanos en moitos aspectos que non imaxinabamos, como as tarefas da casa "SpotMini", presentado en verán do 2016 , é un dinosaurio robótico de 25 kilos de peso capaz entre outras cousas de limpar o chan e de recoller os pratos.
  Este grupo de robots son só prototipos creados por esta compañía , pero lévannos a preguntarnos sobre o aspecto que terán as máquinas intelixentes no futuro. De momento convivimos con robots aspiradores ou aparatos de cociña inofensivos, pero quen sabe se nuns anos os robots pareceranse máis a esas máquinas temibles das películas.


1 comentario:

  1. Moi ben, Alejandro, o tema do teu blogue e o seu desenvolvemento. Pero, sobre todo, gústame a túa constancia e dedicación. Saúdos e noraboa! Luís

    ResponderEliminar