jueves, 9 de marzo de 2017

A nova xeración de ATLAS


  Trátase dun dos robots de Boston Dynamics. No seu deseño interviu tamén da DARPA estadounidense. Está pensado para camiñar en terreos de todo tipo e a súa principal aplicación é a de ser usado para inspeccións en zonas de combate sen arriscar vidas de soldados.
  A nova versión do robot Atlas supón un gran salto con respecto a o seu predecesor. A empresa que o desenrola, Boston Dynamics acaba de publicar un video na súa conta de YouTube amosando os grandes avances que incluíron neste novo humanoide, que inicialmente se creou para a competición de robots que organiza a DARPA, a Axencia de Proxectos de Investigación Avanzados do Departamento de Defensa de EEUU.
  Desde que se presentase en 2013, foi perfeccionándose e a versión presentada agora, descrita como a "nova xeración" de Atlas , é un gran salto cara adiante que o converte máis ben nunha "nova especie".

                          Resultado de imagen de el robot atlas de boston dynamics

  Está deseñada para funcionar tanto en exteriores coma no interior de edificios. Funciona con electricidade e os seus mecanismos de movemento fanno cun sistema hidráulico. Minguou de tamaño e peso con respecto ao anterior, xa que mide 175 cms e pesa 82 kilos cando o seu predecesor contaba con 190 cms de altura e 156 kilos.
  Repartidos polo tronco e as pernas ten varios sensores que utiliza para manter o equilibrio que funcionan xunto ao LIDAR (Light Detection And Ranging que corresponde a detección por luz e distancia) que ten instalado na cabeza, unha ferramenta que lle permite evitar obstáculos, avaliar o terreo e orientarse. No video pódese ver cómo é capaz de coller unha caixa que lle quitan varias veces e cómo mantén o equilibrio a pesar dos empuxóns. Pero o máis sorprendente é a velocidade á que se volve a poñer en pé cando por fin logran tiralo ao chan.
  Nun futuro este robot realizará exploracións en zonas perigosas para os humanos, como áreas afectadas por desastres naturais, escombreiras, lumes ou guerras.





No hay comentarios:

Publicar un comentario