domingo, 19 de marzo de 2017
ROBOT ENTRA EN REACTOR DE FUKUSHIMA
Un robot logrou por primeira vez medir os altos niveis de radiactividade dentro do reactor 1 de Fukushima, ademáis de captar imaxes do mesmo, pasos necesarios para o seu futuro desmantelamento, informou a operadora da pranta.
O dispositivo, autopropulsado e manexado por control remoto, é o terceiro que trata de analisar o interior do vaso de contención do reactor 1 e completou con éxito a primeira parte da súa misión tras superar uns problemas técnicos, explicou nun comunicado Tokyo Electric Power Company (TEPCO).
O aparello detectou un nivel de radiación de 7,8 sieverts por hora dentro do vaso de contención primaria, compartimento que almacena o núcleo do reactor nuclear e o separa do exterior.
TEPCO sinalou que o efecto desta radiación "protéxese cos muros e a súa cobertura de aceiro" do vaso, e precisou que "non se detectou ningún impacto " no exterior da unidade atómica número 1 da pranta.
Unha dose dun só sievert ao día pode causar danos graves na saúde humana e ata a morte, polo que os niveis estimados no interior das instalacións nucleares imposibilitan o acceso de operarios humanos e mesmo danarían aparellos electrónicos.
TEPCO explicou que os 7,8 sieverts por hora supoñen a primeira medición do nivel de radioactividade dentro do vaso do reactor, o que "non significa que se producira ningún novo fenómeno" no corazón do reactor.
Asimesmo, o robot captou fotografías e videos da plataforma que rodea ao núcleo do reactor, xunto con outras medicións que "non reflexan cambios significativos" no interior da unidade 1.
O robot seguirá realizando medicións nos próximos días co obxetivo de determinar a suposta presencia de combustible fundido que puido filtrarse desde o núcleo do reactor ata o fondo do vaso de contención, algo que ata agora non se puido confirmar.
Avaliar as condicións no interior do reactor é un paso necesario para elaborar un plan sobre a futura retirada do combustible nuclear, aínda que esta tarefa se ve dificultada polos niveis mortais de radiactividade dentro das instalacións nucleares.
Outro robot enviado o mes pasado por TEPCO adentro da unidade 2 tamén quedou obturado e a súa electrónica resultou dañada pola radiactividade, aínda que as imaxes que recolleu aportaron información relevante sobre as condicións do reactor.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario