jueves, 9 de marzo de 2017

ROBOSIMIAN


   RoboSimian é un robot de varios brazos desenrolado no Laboratorio de Propulsión a Chorro da NASA (JPL polas súas siglas en inglés). Este robot único foi deseñado para operar en ambientes perigosos ou demasiado difíciles de intervencion humana, tales como zonas de desastre e derrames de petróleo. RoboSimian utiliza os Sensores F/T de ATI para proporcionar datos precisos, o que permite o movemento estable para que o robot aplique a presión correcta aos obxectos ao seu arredor mentras se move. Navega polo terreo mediante o uso de catro Sensores F/T de seis eixes nas articulacións da muñeca e o xeonllo que permiten ao robot "sentir " o terreo a medida que camiña. Cámaras e tecnoloxías LIDAR proporcionan un mapa en 3D, que se envía de volta ao operador. Entón, o operador decide a dirección de RoboSimian. Despois de anos de enxeñería no laboratorio, os investigadores de JPL prepararon ao RoboSimian tele-operado para competir no Desafío DARPA Robotics, e para o seu uso en entornos novos e complexos, desde augas profundas ata o espacio exterior.

  De feito, RoboSimian competiu en DARPA Robotics Challenge, un concurso que consiste en varias tarefas relacionadas co desempeño de situacións de desastre como por exemplo: conducir e saír dun vehículo, a apertura dunha porta, facer un burato nunha parede, a apertura dunha válvula, cruzar un campo de escombros, e subir escaleiras. Estas habilidades son valiosas, especialmente para tarefas de rescate como no caso de Fukushima, o desastre nuclear de 2011 en Okuna, Xapón; un desastre que podería haber sido minimizado mediante a implementación desta tecnoloxía para xirar unha válvula ou accionar un interruptor de control. Estas tarefas simples que non puideron ser realizadas por un ser humano, debido á fuga de radiación que emite o reactor estropeado.


  Os investigadores RoboSimian en JPL actualmente están expandindo as capacidades de manipulación da plataforma para incluír movementos bimanuais - accións que requiren dúas mans traballando xuntas ao mesmo tempo. Estas capacidades son particularmente útiles para os traballos de limpeza de escombros ou a montaxe dunha cerca de construcción. Os investigadores ven moitos usos potenciais para RoboSimian no espacio, para o seu posible uso na exploración espacial ou a ensamblaxe en órbita. A plataforma do robot tamén podería ser utilizada en misións en Marte ou outros asteroides. Unha cousa é segura, as posibilidades de RoboSimian e ATI son moi emocionantes e inspiran a imaxinación.


No hay comentarios:

Publicar un comentario