domingo, 19 de marzo de 2017

¿PODE UN ROBOT SUSTITUÍRNOS NO TRABALLO?


   O temor do home ás máquinas non é novo: é unha historia de máis de 200 anos que a realidade confirmou unha e outra vez. E non será diferente no futuro.
  Cando se fala de robotización inmediatamente veñen á mente imaxes como as das películas "O Home Bicentenario" ou "Terminator". Pero estos non son os robots que foron desplazando a obreiros e traballadores en moitas industrias.
  Son esas máquinas con xigantescos brazos armados que ensamblan autos ou equipos pesados presentes na construcción de grandes obras de infraestructura, e mesmo os precisos aparellos para producir os teléfonos celulares. E porqué non, tamén son esas lavadoras con diferentes programas de lavar, ou a aspiradora intelixente que identifica os tipos de superficies e actúa acorde a eles.
Resultado de imagen de la segunda era de las maquinasSe ben a tecnoloxía, en xeral, resultou unha bendición para a humanidade, non hai que dubidar que os seus costos e o impacto na vida de miles de millóns foron dramáticos. De feito, os investigadores do  libro "A segunda era das máquinas " (2014) pronostican que debido á tecnoloxía, no futuro millóns quedarán sen emprego.
                   
  Según cifras do informe 2016 da Federación Internacional de Robótica (IFR en inglés), para o ano 2019 o número de robots industriais instalados no mundo incrementarase a uns 2,6 millóns de unidades, é dicir, preto dun millón de unidades máis das que había no 2015, un ano récord para esa industria. Ao ver o desagregado, preto do 70 por cento dos robots están agora despregados nos sectores automotriz, electrónica/eléctrico, metais e maquinaria industrial.

                    Resultado de imagen de robot de una industria de automocion

  A Unión Europea encabeza a lista de rexións onde existe o maior uso de robots nas industrias: o 65% dos países cunha cantidade por encima do promedio de robots industriais por 10.000 traballadores están na zona euro. Séguelle China de preto, e pronostícase que para 2019, o 40% do volumen de mercado mundial da industria robótica venderase neste país.
  Pero como se mencionou antes, os robots non só están nas industrias. Tamén están cada vez máis presentes nos fogares. Sempre según a IFR, a cantidade de robots en fogares domésticos-como por exemplo os que limpan pisos, cortadoras de césped, limpiadores de piscinas, entre outros-incrementarase a 31 millóns entre 2016 e 2019, o que representa ventas duns 13.000 millóns de dólares nese periodo.
  É cada vez máis habitual que as máquinas poidan realizar tarefas rutinarias con maior rapidez e a un costo menor que os seres humanos, e moitas das actividades que hoxe en día se consideran non rutinarias (como a traducción, a suscripción de seguros ou mesmo os diagnósticos médicos) no futuro poderán ser executadas igualmente ben polas computadoras.
  Nun informe realizado polo xefe de economistas do departamento de investigación de Unicredit, Harm Bandholz, e titulado "As consecuencias económicas e sociais da robotización" destácase que aínda que a evidencia sobre o impacto do uso de robots no mercado laboral é aínda incipiente "xa existen cada vez máis estudios que comenzan a respaldar a idea de que estes aparellos aumentan a productividade, os salarios, e mesmo a demanda total de man de obra, pero, sobre todo, benefician aos traballadores máis calificados", a costa de aqueles que teñen calificacións e salarios medianos e baixo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario