miércoles, 15 de marzo de 2017

PORTON MAN


  Un sofisticado robot que emula ao ser humano será utilizado polo Ministerio británico de Defensa para probar novos equipamentos para as Forzas Armadas deste pais, como traxes de protección contra ataques químicos e biolóxicos.
  O maniquí, chamado Porton Man, pola localidade inglesa onde se ubica o laboratorio de probas, pode andar, marchar, correr, sentarse, axeonllarse, mover a cabeza e simular o movemento dun soldado ao percibir un arma, o que permitirá aos expertos probar os novos traxes protectores.

                     Resultado de imagen de robot porton man


                                

  O robot, deseñado con tecnoloxía de Fórmula 1 e cun coste de 1,7 millóns de dólares, foi construído pola empresa británica i-bodi Technology Ltd para o Laboratorio de Tecnoloxía e Ciencias de Defensa de Porton Down, no condado inglés de Wiltshire. Neste laboratorio, os enxeñeiros someten a diferentes probas traxes protectores contra axentes biolóxicos e químicos coma o gas sarín, a fin de deseñar vestuario eficaz e lixeiro para as Forzas Armadas.
  Ten ademais unha cabeza extraíble para facilitar a colocación dos traxes e tamén pulgares que se quitan para poñer os guantes e nocelos que se flexionan. O robot ten ademais un sistema de software que permite programar diferentes movementos para distintas situacións, indicaron os expertos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario