domingo, 26 de marzo de 2017

OS ROBOTS VEÑEN A AXUDARNOS


  "Nada máis lonxe da realidade, os robots axúdannos nos traballos que non podemos realizar ben porque son perigosos, arriscados ou porque son moi monótonos e tediosos", dixo nunha entrevista a Efe Ramón González, doutor en Robótica e enxeñeiro informático.
  O investigador de 34 anos e natural de Viator (Almería), asegurou que "a sociedade do futuro non ía ir contra os robots, senón xunto a estes" e sinala que na actualidade xa hai traballos que serían "inviables" sen a axuda destas máquinas como, por exemplo, fabricar un vehículo.
  É por esto que lamenta a "falta de información nesta materia e contrapón a imaxe que a industria audiovisual trasladou dos robots como "máquinas mortíferas", frente a unha realidade na que "o traballo evoluciona" e os robots " son os nosos compañeiros", polo que non hai que velos como "rivais".

                       Resultado de imagen de los robots vienen a ayudarnos y aumentar la eficacia del sistema

 González reitera que a "robótica é o futuro", e considera que será "moi importante na medicina, sobre todo na cirurxía", xa que, por exemplo, permitirá operar de forma remota a especialistas que estén nun continente diferente ao do paciente, ou mesmo intervir quirúrxicamente a feridos en "zonas de conflicto".
  O enxeñeiro mantén que tamén será fundamental a curto plazo para o transporte e asegura que cada vez haberá máis automatismos nos vehículos destinados a reducir o risco de accidentes de tráfico, "unha das maiores causas de mortalidade do mundo".
  Tamén pensa que a robótica será útil para a agricultura e a asistencia a persoas con discapacidade, aínda que destaca asimesmo as aplicacións que terá para o ocio a través dos sistemas de realidade virtual.
  Desde setembro de 2014, o enxeñeiro almeriense traballa como investigador no grupo de Movilidade Robótica do Instituto Tecnolóxico de Massachusetts (MIT), onde colabora con proxectos de I+D para axencias como a NASA e a OTAN.

                                Resultado de imagen de i+d
    "O nonos traballo podería aplicarse aos robots que hai en Marte ou nos que queren enviar aos polos da Lúa", relata González, quen explica a súa vez que participa na creación de algoritmos de intelixencia artificial que axudan a loitar contra os problemas de movilidade que presentan estas máquinas.
  "Este problema é sumamente importante porque si un robot queda estancado, pódese perder a misión", afirma, para desvelar acto seguido que colabora nun segundo proxecto para analisar as posibles melloras dos anclaxes dos robots de exploración planetaria que serán destinados a cráteres fora da Terra.
  Por outro lado, mantén que en Estados Unidos "fíxanse nas persoas" de forma que "un premio Nobel e un becario están á mesma altura", mentras que en España "existe unha estructura moi vertical ".
Pese a esto considera que en España hai "empresas interesantes e centros punteiros a nivel mundial" no campo da robótica, aínda que reclama que se dé un "paso adiante" desde as administracións e , fundamentalmente, as empresas privadas, para apostar máis pola innovación e o desenrolo.


No hay comentarios:

Publicar un comentario