domingo, 22 de enero de 2017

O CIRURXIÁN R2D2


   Preceyes BV, unha compañía holandesa adicada á robótica médica nada da Universidade de Eindhoven, desenrolou R2D2 (Robotic Retinal Dissection Device), que non é o popular robot de Star Wars, senón un brazo robótico cunha gran precisión. Está especialmente deseñado para realizar procedementos a pequena escala na cirurxía ocular.
  Os robots teñen a capacidade de realizar moitas tarefas dunha forma máis precisa e eficaz que os seres humanos. Por este motivo, resultan de especial utilidade na práctica quirúrxica, onde en moitas ocasións a habilidade para executar os movementos cunha precisión milimétrica supón o éxito da intervención.

                         Resultado de imagen de R2D2 UN robot quirúrgico

  En cirurxía, o uso de robots convertiuse en algo habitual na última década porque proporcionan gran cantidade de beneficios: ofrecen aos cirurxiáns un maior nivel de control sobre os seus movementos, ao mesmo tempo que reducen o risco de infección e o trauma dos pacientes.
  Gracias á axuda destes dispositivos, pódense levar a cabo intervencións moi complexas que sería difícil facer sen estas ferramentas ou en ocasións imposible. Da Vinci, un robot quirúrxico para reparar válvulas cardiacas, é un dos que conta con máis experiencia ás súas costas e xa operou a máis de tres millóns de pacientes en todo o mundo.
  Un dos grandes inconvintes dos robots quirúrxicos é que ata agora eran demasiado voluminosos, polo que non se podían empregar para efectuar certos procedementos a pequena escala. Sen embargo, R2D2 é moito máis reducido e permite executar movementos precisos para traballar no interior do globo ocular.

                      Imagen relacionada
 
  A primeira intervención realizada con este robot tivo lugar no Hospital John Radcliffe de Oxford en Inglaterra o pasado mes de setembro, e permitiu ao cirurxián practicar unha incisión na retina e manipular unha membrana de menos dunha centésima de milímetro de espesor. Desde entón, outros pacientes tamén foron operados con éxito utilizando R2D2.
  Non obstante, este non é o único robot quirúrxico para a oftalmoloxía. Tamén atopamos a Axsis, un prototipo no que comenzou a traballar o pasado mes de abril un equipo de Cambridge Consultants, que cun tamaño dunha lata de refresco é un dos robots máis pequenos coñecidos para o seu uso en cirurxía.
  Ningún dos dous modelos está dispoñible á venta aínda. O equipo de Axsis continuará optimizando o robot para reducir o seu coste e facelo asequible aos hospitais máis pequenos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario