domingo, 22 de enero de 2017

KIROBO MINI, O TEU NOVO AMIGO


  Desde Doraemon ata Mazinger Z, pasando por R2D2, ou Wall-e, todos algunha vez quixemos ter un robot ao noso lado. Toyota acerca este desexo co seu novo producto, o Kirobo Mini, unha pequena criatura que foi deseñada como un asistente de comunicación que pode facer de copiloto ou asistente no fogar. Este autómata está basado no robot astronauta xaponés Kirobo, tamén da firma nipona.
  Polo seu aspecto ben puidera ser o protagonista dalgún debuxo animado, pero fará compañía física aos xaponeses a partir de 2017.

                    Imagen relacionada

  Foi presentado no pasado Tokio Motor Show e o seu precio ronda os 349 euros. Ao precio da compra hai que engadirlle unha cuota de 2,6 euros ao mes para xestionalo e actualizalo a través dunha aplicación. Segue a estela doutros robots domésticos pero máis caros como son o Pepper de Softbank (1700 euros) ou o RoboHon (1610) de Sharp.
  O Kirobo Mini mide apenas 10 centímetros e pesa 183 gramos. Pode gardarse nunha bolsa. O tamaño escollido non é unha casualidade, xa que unha das intencións do fabricante é que poida ser transportado no posavasos do coche. Este autómata pode ser útil na conducción, como copiloto, emitindo un son se nota cansancio no conductor ou algunha actitude agresiva ao volante. Tamén informa do número de kilómetros percorridos ou do combustible consumido.

                        Resultado de imagen de kirobo mini

   Desde Toyota afirman que ten a intelixencia dun neno de cinco anos. Tampouco é gratuita esta comparación, xa que pretende recuperar o instinto maternal e paternal dos xaponeses. Según un recente estudo coas actuais tasas de fertilidade e de envellecemento da poboación de Xapón, o país reduciríase a unha sóa persoa en 1750 anos. A autoextinción...
  Según Toyota, o Kirobo Mini ten a capacidade de aprender frases e pode recoñecer a través duns sensores expresións faciais para determinar o estado de ánimo do seu dono. Incluso se pode integrar nunha casa domótica para advertir se as portas están pechadas.
  Con esta creación, a compañía pretende dar un paso adiante na intelixencia artificial para atraer a novos expertos en robótica. Toyota busca combatir as incursións de xigantes tecnolóxicos como Google ou Apple na industria do automóvil. O fabricante xaponés invertiu máis de 1000 millóns de dólares nos últimos cinco anos nestas tecnoloxías.
  Enmarcado na estratexia tamén estaba o Kirobo maior, de 34 centímetros e un kilo, que desplegou do Centro Espacial de Tanegashima (sur de Xapón) rumbo ao espacio en 2013. Acompañado polo astronauta nipón Koichi Wakata, Kirobo parafraseou en órbita a Neil Amstrong: "O 21 de agosto, un robot deu un pequeno paso cara un futuro mellor para todos". Este insólito astronauta regresaba á Terra, despois de ter marcado un paso máis na interacción entre humanos e robots, cada vez máis estreita.

                   Imagen relacionada



No hay comentarios:

Publicar un comentario