jueves, 1 de diciembre de 2016

COBOTS


                                                               "COBOTS"

   A industria do automóvil, sempre pioneira na incorporación de tecnoloxía, xa ten en plantilla os primeiros cobots ou robots colaborativos.
  Fai meses que na planta de PSA de Vigo algúns operarios traballan coco a codo con autómatas. NO CTAG ( Centro Tecnolóxico da Automoción de Galicia) investigan a adaptación destas máquinas colaborativas a distintas funcións na industria de compoñentes do automóvil e, de aí, ao resto dos sectores industriais. O centro, con sede en O Porriño, analiza os retos e as aplicacións dos cobots.
  A incorporación destos autómatas á industria aporta seguridade para o operario, xa que o robot asume as operacións mais perigosas. Aporta calidade ao operario, xa que se evita os procesos mais repetitivos. Tamén supón melloras ergonómicas para os traballadores que habitualmente sofren enfermidades musculares como consecuencia de actividades de repetición. E todo esto revirte nunha maior rentabilidade.

             Resultado de imagen de cobots for the automobile assembly line

  Os cobots non chegan para destruir postos de traballo, senón todo o contrario. Traballan en colaboración co operario, teñen que ter a un ao lado para o que traballar. Sustitúen operacións penosas, difíciles e repetitivas, non aos traballadores.
  A demanda desta tecnoloxía colaborativa abre ademais novas posibilidades de negocio na fabricación de autómatas, un sector en auxe en todo o mundo, e ao que Galicia está en condicións e a tempo de engancharse.
  Agora só representa o 5% de tódalas ventas de máquinas industriais rexistradas o ano pasado. Pero teñen potencial para revolucionar a industria, en particular para empresas medianas e pequenas que representan ao redor do 70% da industria total. Non son moi caros. Os cobots pódense comprar desde 24.000 dólares por unidade, unha inversión asequible para pequenas empresas.
  Recentemente a compañía tecnolóxica ABB fixo a presentación do seu primeiro robot industrial colaborativo de dobre brazo. O seu nome é YuMi e o seu propósito, sacar das enormes xaulas os robots industriais e poñelos ao lado do traballador.
  YuMi pesa 38 kg, pode manipular ata medio kilo en cada man e acada unha velocidade máxima de movemento de 1,5 metros por segundo.

                      Imagen relacionada

No hay comentarios:

Publicar un comentario