domingo, 18 de diciembre de 2016

A ROBÓTICA EDUCATIVA


                               Resultado de imagen de la robotica educativa

  A robótica educativa é un sistema de aprendizaxe interdisciplinario que usa aos robots como fío conductor gracias ao cal se potencia o desenrolo de habilidades e competencias no alumnado. Trabállanse especialmente as disciplinas chamadas STEM - que ven do inglés e inclúe ciencia, tecnoloxía, enxeñería e matemáticas-, pero tamén se poden chegar a tocar áreas como lingua, historia ou xeografía.
  A robótica e a programación en xeral, son unha ferramenta que sobre todo axuda a traballar a resolución de problemas de calquer tipo polo traballo mental que supón. Ao fin e ao cabo, facer que un robot siga unha liña é un problema que precisa unha solución. Eso sí, obriga aos mozos e mozas a intentar imaxinarse o resultado antes de empezar e a traballar un pensamento máis abstracto para decidir cal é a mellor opción, similar ao que fai un ordenador.
  Pero non só se trata dun traballo mental, senón que tamén é unha oportunidade de aprender facendo e de afrontar os problemas pouco a pouco. A gran vantaxe é que os resultados se ven rápidamente e non fai falta que ninguén che diga se está ben ou mal.
  Ademais, como non hai unha solución válida, é moi enriquecedor porque ensina aos mozos e mozas a compartir o traballo que fan, a aprender doutros compañeiros e a non quedarse coa primeira solución posible. Se queren levalo adiante, deben ter paciencia e constancia. Así pois, a robótica permite o desenrolo de competencias tan reclamadas na actualidade no mundo laboral como traballo en equipo, creatividade, liderazgo, tolerancia á frustración, etc.

                         Resultado de imagen de la robotica educativa

 ¿En qué consiste a robótica educativa? Por un lado, trátase de construír un prototipo, un robot, e polo outro, facer que tome vida, programalo para que faga o que os mozos e mozas decidan. Hai centros que ofrecen a posibilidade de facer só a parte de programación e danlle outros tipos de aplicacións, como por exemplo, apps para móvil.
  Hai propostas adecuadas para todas as idades, desde facer funcionar robots moi simples que se programan con só seis teclas para os mais pequenos ata facer programas moi complexos que poden facer filigranas.
  O material de robótica educativa mais popular entre os menores de doce anos é Lego Wedo, un conxunto especial de pezas de Lego que inclúe un motor, un sensor de distancia e un sensor de inclinación e que ten o seu propio entorno de programación. E en canto aos entornos de programación, o mais utilizado é Scratch - que ten unha versión JR- co cal se pode aprender a programar dunha forma lúdica.

                             Resultado de imagen de lego wedo
                                                                           

  Para os maiores, a tendencia é mais ben usar Arduino e applnventor.  Arduino é unha placa electrónica programable que ten moitas posibilidades, coa que pode facerse desde un robot ata unha aplicación domótica para controlar luces e a apertura de portas e ventás dunha vivenda, por exemplo.

                                     Resultado de imagen de arduino
 
  Úsese o material que se use, debe aplicarse a lóxica da programación e entender as instruccións para usalas de xeito adecuado, o cal quere dicir que os mozos e mozas fan unha programación moi parecida á que se utiliza no ámbito profesional, aínda que, evidentemente, mais simple.
  A robótica e a programación son unha oportunidade para acercar aos alumnos á informática desde unha perspectiva que normalmente non coñecen. E é que según a enquisa "¿Cómo ven os alumnos de primaria a profesión informática?", a profesión de informático é un traballo que os xóvenes ven moi complicado, a pesar de que les parece moi interesante, simplemente por que non o coñecen. Se desde pequenos non collen medo á informática, é posible que teñan menos dificultades para acercarse a ela e se atrevan a resolver os seus propios problemas informáticos sen pensar que é demasiado complicado para eles.

No hay comentarios:

Publicar un comentario