domingo, 20 de noviembre de 2016
AS EMOCIÓNS E AS MÁQUINAS
A intelixencia artificial vai camiño de transformar o mundo. Os grandes monstruos tecnolóxicos -Google, Facebook, Intel, Microsoft- compiten por expandir os límites neste campo, que busca que as máquinas aprendan por sí soas, que tomen decisións, que resolvan problemas. Pero ¿acaso é eso suficiente?, ¿poden limitarse, simplemente, a eso, a ser intelixentes?
Un nutrido grupo de científicos, enxeñeiros e emprendedores teñen ben claro que non e dirixen os seus esforzos e investigacións a franquear a seguinte fronteira: conseguir que as máquinas estén dotadas de intelixencia emocional. É dicir, que sexan capaces de recoñecer e interpretar as nosas emocións, que tomen decisións en función destas. Esto chámano computación afectiva e está en pleno fervor.
Unha aplicación de Afectiva é capaz de determinar o noso estado de ánimo mediante un algoritmo que toma datos de 45 músculos da nosa cara. A compañía israelí Beyond Verbal analiza as emocións estudiando en tempo real as inflexións da nosa voz. EmoShape desenrola un microchip que permite unha resposta emocional por parte dun robot. E mentres, cadeas como a BBC e a CBS xa someten as súas series e programas ao test da audiencia: envían clips a miles de voluntarios que os ven cunha webcam a través da cal se recollen datos que permiten interpretar as súas reaccións.
A computación afectiva estanos conducindo suavemente cara coches que detectarán se imos distraídos; a tutores virtuais que saberán que é momento de darlle un descanso ao alumno; a aplicacións que medirán mesmo as emocións que queremos ocultar.
O robot que nos esperará na casa pinchará as nosas cancións favoritas para levantarnos o ánimo se nos ve alicaídos. E o móvil que levaremos no bolsillo ( ou vaia vostede a saber donde) incorporará un chip de emocións que saberá qué tal estamos hoxe en función de cómo lle demos a unha tecla.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario