domingo, 4 de diciembre de 2016
A PRIMEIRA ABELLA ROBÓTICA
Unha frase mal atribuída a Albert Einstein aseguraba que si a abella desaparecera da superficie da terra, entón o home tan só lle quedarían catro anos de vida. A teoría explicaba que se non houbera abellas non habería mais polinización, nin mais prantas, nin mais animais, nin mais homes. Desde entón relacionase a desaparición das abellas coa fin do mundo.
Non obstante, un grupo de científicos da Universidade Politécnica de Varsovia desenrolaron a primeira abella robótica deseñada para polinizar artificialmente, polo que a humanidade xa non corre o mesmo risco de desaparecer tras a extinción da abella, en caso de que algún día teñamos que lamentar a perda destes antófilos.
Para preservar a vida humana, os estudantes crearon un dron miniaturizado, que ten o tamaño dunha pequena abella, que é capaz de atopar unha flor, recoller o seu polen e transferilo da flor masculina á feminina para fertilizala
O grupo de investigadores aseguran que esta medida levouse a cabo para facer fronte á reducción constante da poboación mundial de abellas.
Este robot polinizador creouse co obxectivo de axudar ás abellas a realizar o seu labor e complementala. Gracias a súa tecnoloxía, este dron poderá axudar á natureza dunha forma intelixente. Os pequenos biodrones poderán ser programados para que se concentren sobre un área determinada e busquen frores dun tipo concreto que polinizar.
O grupo de investigación da Politécnica de Varsovia desenrolou dous tipos de drones polinizadores: o volador e o terrestre. Ambos contan cunha especie de plumeiro capaz de impregnar o polen que, posteriormente, será repartido entre as flores femininas.
O verán pasado xa fixeron a proba e xa teñen a primeira semente obtida a través desta polinización artificial , polo que queda demostrado que estes robots poden facer case o mesmo que as abellas reais.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario