domingo, 5 de febrero de 2017

REEMPLAZAN TRABALLADORES DE OFICINA POLA INTELIXENCIA ARTIFICIAL


  O futuro xa chegou. A aseguradora xaponesa Fukoku Mutual Life reemplazou a 34 empregados de oficinas, por un sistema de intelixencia artificial basado no IBM´s Watson Explorer, capaz de calcular os pagos aos asegurados. A compañía estima un crecemento da productividade do 30% e amortizará a inversión (1,6 millóns de euros) en menos de dous anos.
  A maior parte da atención ao cliente xirará en torno á automatización de procesos con sistemas robotizados. Xa funcionan en fábricas como as de automoción, pero esta tecnoloxía xa comeza a suplir o traballo basado no coñecemento. O mantemento da inversión de Fukoku Mutual Life é de 122.000 euros ao ano e permitirá aforrar algo máis dun millón de euros anuais.

Resultado de imagen de robots que trabajan en oficinas
 
  O sistema está basado no IBM´s Watson Explorer, que, según a firma tecnolóxica, posúe tecnoloxía cognitiva que pode pensar coma un ser humano. "É capaz de analizar e interpretar tódolos seus datos, incluíndo texto non estructurado, imaxes, audio e vídeo", asegurou a compañía, según recolle o xornal The Guardian.
  O software instalado este mes de xaneiro en Fukoku leerá deceas de miles de certificados médicos, duración das estancias no hospital, as historias médicas e calquer procedemento cirúrxico antes de calcular os pagos. A aseguradora confía nunha reducción drástica do tempo necesario para calcular os desembolsos da empresa. A pesar destes adiantos incorporados, Fukoku asegura que as sumas non se pagarán ata que sexan aprobadas por un membro do persoal.
  Este non é un caso illado. Según un informe do Instituto de Investigación Nomura de 2015, cerca da metade dos traballos en Xapón poderán ser realizados por robots en 2035. O envellecemento da poboación nipona, xunto coa destreza en tecnoloxía robótica do país, converte a Xapón nun excelente campo de probas para a intelixencia artificial.

                   
                       Resultado de imagen de robots que trabajan en oficinas

  Un software de análise similar xa se usa nunha serie de empresas de EEUU para realizar tarefas de servicio ao cliente. Ademáis, outras tres compañías de seguros xaponesas están probando ou implementando sistemas de intelixencia artificial para automatizar traballos tales como atopar plans ideais para os clientes. Unha compañía de seguros israelí, Lemonade, tamén aforrou 57 millóns de euros ao "reemplazar a traballadores de oficina por robots e aprendizaxe automático", según o conselleiro delegado de Lemonade.
  Este é un paso máis no proceso de aprendizaxe e implantación da intelixencia artificial para realizar labores basadas no coñecemento, como en aseguradoras e servicios financieiros. De feito, esta tecnoloxía será probada na política do Xapón. En febreiro, o Ministerio de Economía, Comercio e Industria probará este sistema para axudar aos funcionarios a redactar as respostas dos ministros durante as reunións do gabinete e as sesións parlamentarias.


No hay comentarios:

Publicar un comentario