domingo, 5 de febrero de 2017

ROBOTS COMO MESTRES ??


  ¿Robots como mestres? No futuro, os autómatas serán unha ferramenta educativa máis, especialmente para ensinar aos nenos os coñecementos necesarios na industria da alta tecnoloxía, como por exemplo escribir códigos. Algúns países de Europa, así como Estados Unidos ou Australia, xa están realizando probas.
  Na recente exposición BETT en Londres, organizada pola Asociación Británica de Proveedores Educativos, empresas especializadas na concepción de dispositivos electrónicos para a ensinanza, mostraron como preparar aos rapacess para a nova era tecnolóxica.
  Queren acercar a teoría aprendida no colexio aos coñecementos prácticos requeridos no mercado, como explica Wong Wei, conselleiro delegado de Ubtech Education: "No pasado ensinábase aos nenos coñecementos. Repetían, recitaban de memoria calquera cousa que o mestre lles ensinaba. Fan moitos exames pero non saben sobre novas tecnoloxías. Non saben facelo coas súas propias mans, simplemente memorizan a teoría, pero eso non é útil para a industria, non é util para o futuro da civilización".
  A idea é que os nenos poñan en práctica o aprendido dos mestres, como por exemplo en química.
"Cada mestre en calquera parte do mundo sabe que hai certas materias nas que é difícil conectar cos estudiantes. Por exemplo, está a tabla periódica, un trozo de papel que mostra os diferentes elementos, e como estudiante, tes que aceptalo tal cual, porque o mestre non pode demostrarcho", defende Sean McDougall, director de Touchable Universe. 

                            

  Un dos grandes retos é que os nenos se interesen por materias principalmente teóricas. Touchable Universe creou un dispositivo que permite aprender mediante o tacto. "En cada clase un trinta por cento dos nenos son o que chamamos "aprendedores cenestésicos". É dicir, naceron de tal forma que aprenden mellor cando poden tocar as cousas. Se poder ver e oír é bo, entón ver, oír e tocar é aínda mellor", continúa McDougall.
  Non hai nada mellor que aprender xogando. Por exemplo, con pezas que poden parecer os típicos ladrillos, pero en realidade, conteñen todo tipo de elementos de alta tecnoloxía, como sensores, servidores, luces LED e unha conexión blue tooth.
  Calquera pode construír un robot. Os bloques teñen distintas cores para que os nenos saibn para que serven. Por exemplo, se queres que algo se mova, usas un laranxa, porque son os que teñen un motor,   Os nenos aprenden o básico da robótica porque chegan a comprender qué compoñentes electrónicos necesitan para construír un robot. Tamén aprenden coñecementos básicos de escritura de códigos porque unha vez que o robot está construído, para que faga algo, teñen que programalo cunha aplicación.
  Os instrumentos educativos cambiaron rápidamente nos últimos anos e espérase que moitas das tecnoloxías que empezamos a ver nos colexios acaben convertíndose na norma.
Sen embargo, a utilidade dos robots na educación estará máis determinada polo uso que os educadores decidan facer deles ca pola tecnoloxía en sí.


No hay comentarios:

Publicar un comentario