jueves, 17 de noviembre de 2016

O "SUPERCIRURXIÁN" DAS MANS DE ACEIRO


  O robot quirúrxico Da Vinci é o autómata máis coñecido nos quirófanos do mundo, 24 deles españoles, 13 en hospitais públicos. Leva tres millóns de operacións desde o ano 2000.
 Da Vinci, recibiu o seu nome como homenaxe a Leonardo da Vinci, quen construiu o primeiro robot.

                           Resultado de imagen de robot da vinci

  Componse dunha consola ergonómica desde a que o cirurxián opera sentado e que, normalmente, atópase no mesmo quirófano. Ao lado do paciente sitúase a torre de visión (formada por controladores, video, audio e proceso de imaxe) e no carro quirúrxico incorpora tres ou catro brazos robóticos interactivos controlados desde a consola, no extremo dos cales encóntranse acopladas as distintas ferramentas que o médico precisa para operar, tales como bisturíes, tesoiras, unipolar, etc.
  Permite optimizar o rango de acción da man humana, reducindo o posible temblor e perfeccionando tódolos movementos do cirurxián. Desta maneira, minimízanse as posibilidades de erro en relación con outros sistemas quirúrxicos. Este sistema incorpora múltiples e redundantes características de seguridade.
  Pero o robot da Vinci non é autónomo, require en tódolos casos a intervención e toma de decisións dun profesional que actúe como operador humano para todas as accións. Na actualidade o robot opera na metodoloxía "mestre-escravo", o cirurxian ven sendo o mestre e o robot o escravo.
         
              Resultado de imagen de robot da vinci
 
  Ao proporcionar aos cirurxiáns unha visualización superior, unha maior destreza, maior precisión e confort ergonómico, permite realizar máis procedementos mínimamente invasivos abarcando diseccións ou reconstruccións complexas. Para o paciente, un procedemento Da Vinci, pode ofrecer tódolos beneficios potenciais dun procedemento mínimamente invasivo, incluíndo menos dolor, menos pérdida de sangue e unha menor necesidade de transfusións. Ademais, este sistema pode permitir unha estancia hospitalaria mais curta, unha recuperación mais rápida e un retorno mais rápido á normalidade das actividades diarias.
  Aínda se utiliza só nun escaso número de operacións (entre un 2 e un 5%, según varias estimacións), a maioría en uroloxía, xinecoloxía ou cirurxía xeral. Só un tercio das intervencións asistidas con robot teñen lugar fora de Estados Unidos, o país onde se fabrica e onde se venden a maioría dos autómatas como este. Qué detén a súa expansión? O precio dos equipos e o coste por operación (ata 3.200 dólares) xa que as pinzas e demais instrumental deber ser remplazadas tras un número determinado de operacións.
  Caro ou non, a demanda para poñerse en mans dun cirurxián provisto desta superarmadura robótica está aí. Tanto as operacións como as ganancias da empresa que fabrica Da Vinci crecen a un ritmo de dous díxitos (16% e 13% respectivamente na primeira metade de 2016).

Resultado de imagen de robot da vinci


No hay comentarios:

Publicar un comentario