Dexmo é un exoesqueleto que se coloca sobre as mans e que permite incorporar o sentido do tacto en xogos e noutros entornos virtuais. É como unha especie de araña ou de cangrexo duns 170 gramos de peso e unhas catro horas de autonomía que se coloca sobre a man do usuario que ten uns dedos que se encargan de limitar o movemento dos dedos do usuario. Desta forma, o usuario pode notar a forma de calquer obxecto que esté suxeitando no mundo virtual.
Pero, ademáis, Dexmo é capaz de graduar a forza coa que actúa, opoñendo tanta máis resistencia ao movemento canto máis duro sexa o obxecto representado. Esta forza é variable, co que se o usuario está apretando un balón ou unha pelotiña antiestrés notará como a resistencia do obxecto cambia.
Incorpora, ademáis, os sensores de movemento necesarios para saber en qué posición están os dedos de cada man e en qué orientación e posición respecto ao corpo están as mans, co que a ilusión non só é táctil, senón que eses datos pódense trasladar ás gafas para que as "mans" aparezan na posición correcta.
Dexmo non precisa cables, co que é un elemento menos que poidera interferir coa experiencia de uso, que non ten porqué estar limitada a xogos senón que se pode extender a outros campos: os entornos educativos ou de entrenamento en tareas determinadas.
Eso sí, Dexmo aínda non está dispoñible e aínda non se sabe o precio, que terá que ser o suficientemente competitivo para que esté ao alcance dos potenciais usuarios. Están traballando nel en Dexta Robotics, unha empresa estadounidense especializada en robótica instalada en China.
No hay comentarios:
Publicar un comentario